Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 52293).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. da Arteixo, 171, 15007 A Coruña

Denominación: L.M.T. Berdillo-Sofán. Tarambollo-Aldemunde (tramo Tarambollo-Aldemunde). Anexo I.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 1779 m con orixe na L.M.T. Berdillo-Sofán Tarambollo desde C.T. Campo Feira ata C.T. Aldemunde-Río (expte. 52293) conductor tipo LA 56/54.6 mm, e final no C.T.C. Aldemunde-Río (expte. 52293).

Liña de media tensión subterránea a 15 kV de 35 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. proxectada e final no C.T. proxectado de Tarambollo.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15/0,380-0,220 kV.

Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 210 m con orixe no novo C.T.C. Tarambollo, conductor R.Z. e apoios de formigón. Concello de Carballo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 6 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña