Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 21 de decembro de 2001, o alleamento en poxa pública do ben embargado no procedemento de constrinxi

mento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Agroturismo Gallega, S.L., NIF B-27242296 que a continuación se describe:

Lote 1:

Predio 2212.0 do Rexistro da Propiedade de Sarria no tomo 391, libro 29, folio 54, alta 5ª. Rústica. Huerta Detrás el Jardín, labradío sito en Santa María Madalena de Neira do municipio do Páramo, cunha superficie de 15 áreas y 94 centiáreas.

Valor: 19.160,27 A.

Cargas: 4.399,95 A.

Tipo: 14.760,32 A.

Lote 2:

Predio 2226.0 do Rexistro da Propiedade de Sarria no tomo 391, libro 29, folio 93, alta 11ª. Rústica. Tras da Casa, labradío, eira e monte sitos en Santa María Madalena de Neira, do municipio do Páramo, dunha superficie de 53 áreas e 30 centiáreas.

Valor: 24.025,46 A.

Cargas: 5.516,65 A.

Tipo: 18.508,81 A.

Lote 3:

Predio 2251.0 do Rexistro da Propiedade de Sarria no tomo 391, libro 29, folio 65, alta 10ª. Rústica. Eira Tras da Casa, eira labradío e monte sita en Santa María Madalena de Neira, do municipio do Páramo, dunha superficie de 53 áreas e 31 centiáreas.

Valor: 64.898,79 A.

Cargas: 14.903,34 A.

Tipo: 49.995,45 A.

Lote 4:

Predio 2211.0 do Rexistro da Propiedade de Sarria no tomo 391, libro 29, folio 92, alta 7ª. Urbana. Casa de Neira, edificio sinalado co nº 77 sita no lugar de Santa María Madalena de Neira, no municipio do Páramo, nun predio de 18 áreas e 98 centiáreas.

Valor: 431.016,91 A.

Cargas: 98.982,78 A.

Tipo: 332.034,13 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

DISPOÑO:

Que, o día 2 de maio de 2002 ás 11 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, Rúa Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do Delegado Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que está en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen teren dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houber, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será ó menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa

existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio, haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos