Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.876

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de marzo de 2002 pola que se convocan subvencións á edición discográfica galega.

Advertidos erros na publicación da orde que se cita, efectuada no Diario Oficial de Galicia nº 64, do mércores 3 de abril de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 4.207, artigo 2º, onde di: «por un importe de trinta mil (3.000) euros», debe dicir: «trinta mil (30.000) euros».

Na páxina 4.209, onde di: «PARA DATOS DO SOLICITANTE», debe dicir: «DATOS DO SOLICITANTE».