Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 28-2-2002, acordou prestar aprobación inicial ó expediente 83/2001.PMP, de modificación puntual das unidades de actuación nº 1.1, 1.2 e 33, sitas no Torroal, promovida de oficio, o cal se somete a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio de Urbanismo e, se o consideran oportuno, presenta-las alegacións que coiden convenientes.

Para dar cumprimento ó disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial afectado pola aludida modificación puntual, mentres non se produza a súa aprobación definitiva.

Arteixo, 5 de marzo de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde