Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do recurso de alzada, interposto contra o expediente sancionador Secretaría 60/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do conselleiro de Sanidade do 14-2-2002, pola que se desestima o recurso de alzada interposto contra a resolución desta Delegación provincial de Sanidade, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, segundo o disposto no artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e no artigo 74 da Lei 6/1998, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da devandita Lei 29/1998.

Expediente sancionador: Secretaría: 60/2001.

Denunciado/a: Ángeles Naveira Bello.

DNI/CIF: 32751681 A.

Último enderezo coñecido: Alameda, 18 baixo. A Coruña.

Cualificación da infracción: grave.

Importe da sanción: seis mil dez euros con doce céntimos.

A Coruña, 25 de febreiro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial de A Coruña