Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/23-2, 5801 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Viesgo I, S.A.

Domicilio social: r/ Medio 12, 39003 Santander.

Denominación: ampliación dunha liña de 132 kV na subestación de Meira.

Situación: Meira.

Características técnicas: ampliación do parque de 132 kV implementación dunha nova posición de liña de 132 kVA. Ampliación do embarrado principal de 132 kV control, medida e protección da nova posición de liña. Ampliación dos servicios auxiliares mediante a instalación dun trafo de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/400 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de marzo de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo