Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T.A., C.T.A., R.B.T. Xaviña III.
Situación: Camariñas.
Descricións técnicas: liña de media tensión aérea, de 20 kV, en apoios de formigón e conductor LA-30, de 18 m con orixe na liña de media tensión Dor-Camariñas (expediente 34832) e final no centro de transformación Xaviña III, aéreo de 50 kVA, e tensións de 380-220 V, e rede e baixa tensión en apoios de formigón e conductor R.Z. 95 e 25, de 260 m de lonxitude. Camariñas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 1 de marzo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña