Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/25-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000 do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. e C.T., Bernardo Cachamuíña.

Situación:

Descricións técnicas: centro de transformación tipo interior na r/ Bernardo Cachamuíña, de 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V, alimentado por liña subterránea a 20 kV de 330 m de lonxitude, derivada desde a L.M.T. sub. ó C.T. campus e remata na L.M.T. sub. ó C.T. tras hospital.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 27 de febreiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense