Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.780

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2002 pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de modificación do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense na unidade UE-4 zona 12.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, en data do 2 de xullo de 1997, asinou un convenio co Concello de Ourense e con Xestión Urbanística de Ourense, S.A., para a rehabilitación e recuperación do núcleo histórico.

O Pleno do Concello de Ourense, en sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria, do día 20 de decembro de 2001, adoptou un acordo polo que se aproba definitivamente a modificación puntual do PERI do núcleo histórico na zona 12, unidade de execución 4, entre as rúas Xulio Prieto, Coenca e Pena Trevinca.

Este plan determina como sistema de actuación para a súa execución o sistema de expropiación, o que implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificacións correspondentes para os fins de expropiación ou disposición de servidume, de acordo co disposto no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime de solo e valoracións e no artigo 54 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Os bens e dereitos afectados pola expropiación están comprendidos dentro do ámbito da unidade de actuación UE-4, delimitada no proxecto de modificación do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense na UE-4,

zona 12, e están concretados na relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar que se recolle no documento da modificación do PERI.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo exercerá a potestade expropiatoria a favor de Xestión Urbanística de Ourense, S.A.

Na súa virtude acórdase o inicio do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados polo proxecto de modificación do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense na UE-4, zona 12.

De conformidade co previsto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para execución do proxecto de modificación do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico e Ourense na UE-4, zona 12, para que, quen poida resultar interesado, formule as observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular, no que concierne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Acórdase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia. Así mesmo, as taxacións notificaranse individualmente ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes, contados a partir da data de notificación.

Así mesmo, o expediente estará exposto nas oficinas da sociedade Xestión Urbanística de Ourense, S.A. (Xestur-Ourense) na súa calidade de beneficiaria da expropiación, sitas na rúa Curros Enríquez nº 1 planta 8ª, 32003 Ourense.

Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-las alegacións que estimen oportunas, por triplicado exemplar, nas oficinas de Xestur Urbanística de Ourense, S.A.

Relación de bens e dereitos afectados.

Nº predio/natureza/situación/propietario/superficie m que se vai expropiar/construccións e outros elementos/plantacións e cultivos/prezo xusto para o propietario/outro dereito que se vai expropiar/titular do dereito/prezo xusto do dereito.

3A/urbana/terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 1/Luis e María de las Victorias Álvarez Rodríguez/205,94 m/non/32.253,22 euros/non.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral de Xestión Urbanística

de Ourense, S.A.