Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno do Concello, na sesión do día 31 de xaneiro de 202, acordou a nova aprobación inicial da modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) no ámbito do solo urbanizable non programado número 17 (SUNP-17). O Paxonal, segundo o proxecto formulado polos servicios técnicos municipais en xaneiro de 2002.

Así mesmo, na mesma sesión, o pleno da corporación acordou deixar sen efecto o procedemento iniciado para a modificación do PXOU no ámbito do SUNP-17, segundo o proxecto que fora aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o día 28 de xuño de 2001.

A modificación aprobada ten por obxecto principal incorpora-la nova ordenación detallada das parcelas afectadas, co contido e nivel de determinacións esixido polo artigo 11 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG) para a ordenación detallada do solo urbano.

A aprobación inicial da modificación determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito do SUNP-17, durante o prazo dun ano, para todos os usos e obras que resulten incompatibles co novo réxime urbanístico.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da LSG, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo