Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a subministración chave en man dun sistema de radiocomunicacións Trunking de voz e datos para o Concello de Santiago de Compostela, así como o mantemento mensual do servicio.

Tipo de licitación: 89.685,05 A IVE incluído para a subministración e 1.640 A/mes IVE incluído para o mantemento.

Prazo de execución: establécese un prazo de 8 semanas para a entrega do material ofertado e de dous anos contados a partir do 1 de xaneiro de 2003 para o mantemento do servicio.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, ente as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais, contados desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela, (Departamento de Contratación-Servicios. Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantía provisional: 2% do orzamento da subministración (1.793,70 A).

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2002.

O alcalde

Rubricado