Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 21 de febreiro de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle promovido por Valle Hermoso La Cantera, S.L., segundo o proxecto redactado polo arquitecto José A. Comesaña García, visado polo COAG con datas 30-4-2001 e 18-1-2002, que ten por finalidade establecer aliñacións e rasantes respecto á vía de nova apertura e reordenar volumes, en parcela sita en San Xoán de Arcal, A Canteira.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Redondela, 1 de marzo de 2002.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde