Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da variante da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, Atios-O Rosal entre os apoios 10-12 e 14-16 nos termos municipais do Porriño e Tui (Pontevedra). (Expediente IN407A 01/291-4).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación en travesía de Vigo, 204, 26207 Vigo, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 6 de agosto de 2001 a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-L.A.T., a 132 kV, con conductor tipo LA-180, de 564/658 m de lonxitude desde os apoios nº 10 e 14 ata os apoios nº 12 e 16, da L.A.T., Atios-O Rosal, nos termos municipais do Porriño e Tui (Pontevedra).

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra someteu o citado proxecto de instalacións, a trámite de infor-

mación pública mediante Resolución do 3 de setembro de 2001, publicada no DOG do 19 de outubro, no BOP de Pontevedra do 2 de outubro, e na Delegación Provincial de Pontevedra.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Tercero.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la variante da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, Atios-O Rosal entre os apoios nº 10-12 e nº 14-16 nos termos municipais do Porriño e Tui (Pontevedra).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas