Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.746

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 3 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas do baremo aberto o 24 de xaneiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 30 de xaneiro), para prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario, na especialidade de francés.

Finalizado o prazo de presentación de reclamacións á lista provisional de admitidos e excluídos, publicada o día 2 de marzo, segundo anuncio do 20 de febreiro de 2002, e unha vez resoltas estas.

Esta dirección xeral acorda proceder á publicación das listas definitivas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais.

Contra estas puntuacións poderá presentarse recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal