Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.668

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO DE MESOIRO

ANUNCIO.

A Xunta de Compensación do Polígono de Mesoiro, na asamblea xeral celebrada o día 14 de novembro de 2001, resolveu aprobar inicialmente o proxecto de compensación do citado polígono, o que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, de acordo co previsto nos artigos 133.8º e 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, á vista do expediente, poidan formula-las alegacións que estimen pertinen

tes, durante o prazo de vinte días contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña ou na sede da xunta de compensación (sita na avda. Alfonso Molina, 5, baixo) no horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 4 de abril de 2002.

Juan Pérez Rodríguez

Secretario da Xunta de Compensación

do Polígono de Mesoiro