Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratacións de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acor

da dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición do equipamento de moblaxe clínica con destino ó Hospital Comarcal de Valdeorras-Ourense (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-49/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento moblaxe clínica.

c) Lote: 4 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 155, do 10 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: tres millóns novecentas sesenta mil cincocentas pesetas con IVE incluído (3.960.500 pesetas), (23.803,08 euros).

Adxudicacións:

Lote nº 1: moblaxe clínica para diversos servicios.

Lote nº 3: carros para diversos servicios.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Sumcyl, S.L.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: un millón seiscentas corenta e unha mil setecentas pesetas, IVE incluído (1.641.700 pesetas), (9.866,82 euros).

Lote nº 2: sistema de mobilización de doentes.

Deserto.

Lote nº 4: bañeira portátil.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Arjo Spain, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: catrocentas vintecinco mil pesetas, IVE incluído (425.000 pesetas), (2.554,30 euros).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución

pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos