Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 8 de marzo de 2002, da Delegación Comarcal de Ribeira, pola que se notifica a apertura e o prego de cargos do expediente sancionador PESAN1 2002/000010-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, a apertura e prego de cargos do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación comarcal as alegacións que estimen pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados na citada Delegación Comarcal de Ribeira, praza dos Mariñeiros, 11.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000010-1.

Denunciado: Benito Fariña Outeda.

DNI: 35452084.

Enderezo: Laxes, nº 18, A Illa de Arousa.

Ribeira, 8 de marzo de 2002.

José Casais Torres

Delegado comarcal de Ribeira

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE