Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio de vixilancia do CIMA: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Servicio de Apoio á Investigación e Divulgación Científica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia do CIMA: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 31, do 12 de febreiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: setenta e dous mil cento vinte euros (72.120 euros).

Adxudicación.

a) Data: 28-2-2002.

b) Contratista: Serramar, S.L.

c) Importe de adxudicación: sesenta e un mil novecentos catro euros (61.904 euros).

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento

Pesqueiro