Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 20 de marzo de 2002, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para executa-las obras de iluminación pública de rúas e prazas na área de rehabilitación integral. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto denominado iluminación pública e rúas e prazas na área de rehabilitación integral, e que abranque os seguintes locais:

1. Praza e rúa do Campo Castelo, rúa de San Pedro e praza de Anxo Fernández Gómez: cento cinco mil oitocentos trinta e oito euros con sesenta e un céntimos de euro (105.838,61 euros).

2. Rúa dos Clérigos, praza Alférez Provisional, escalinata do Poeta Luís Pimentel, praza de Santa María e parte da praza Pío XII: corenta e seis mil oitocentos trinta e nove euros con noventa e dous céntimos de euro (46.839,92 euros).

3. Praza Pío XII, rúa Catedral, rúa Falcón, rúa do Bo Xesús, rúa do Miño, rúa do Moucho e rúa Tinería: cento vintetrés mil cincocentos tres euros con setenta e catro céntimos de euro (123.503,74 euros).

4. Praza do Campo, parte da rúa Armanyá, rúa Nova (ata a rúa Montevideo) e carril dos Fornos: oitenta e catro mil trescentos dezaoito euros con trece céntimos de euro (84.318,13 euros).

5. Rúa Nova (desde a rúa Montevideo ata a porta Nova) e carril das Estantigas: corenta e tres mil catrocentos sete euros con vinteoito céntimos de euro (43.407,28 euros).

6. Rúa do Músico Gustavo Freire, rúa Armanyá, rúa do Conde Pallares, rúa do Doutor Castro e rúa do Bispo Basulto: sesenta e nove mil novecentos trinta e tres euros con setenta e tres céntimos de euro (69.933,73 euros).

d) Prazos de execución: tres meses para cada un dos lotes. Non obstante, os prazos serán os ofrecidos nas proposición/s do/s adxudicatario/s.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: os importes son os sinalados no punto 2 (obxecto do contrato).

5. Garantías.

Provisional: 2% dos orzamentos de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localiade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 981 29 71 43.

e) Telefax:. 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría c, só no caso do lote 3 (praza Pío XII, rúa Catedral, rúa Falcón, rúa do Bo Xesús, rúa do Miño, rúa do Moucho e rúa Tinería).

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Lugo. Oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2. Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado ou festivo) posterior ó do remate do prazo de presentación das porposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do/s contratista/s adxudicatario/s.

Lugo, 21 de marzo de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

José Clemente López Orozco

Alcalde