Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 2 de abril de 2002 polo que se comunica arquivo de expediente á empresa M&M Pazo de Arretén, S.A., expediente 98/0059/CO, relativo á axuda ós proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento de M&M Pazo de Arretén, S.A., titular do expediente 98/0059/CO relativo á axuda ós proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable (Orde do 7 de xullo de 1997, DOG nº 139, do 21 de xullo), que con data 25 de outubro de 2001 a directora da Área de Financiamento do Igape resolveu o arquivo do expediente, por non manifesta-la súa aceptación da resolución de concesión de subvención do 30 de decembro de 1998 no prazo establecido no artigo 12.3º da Orde do 7 de xullo de 1997.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. O expediente de arquivo non esgota a vía administrativa e contra este poderá interporse recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes desde a publicación deste edicto no DOG. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do del Instituto Galego

de Promoción Económica