Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.536

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2002 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a Álvaro José Iglesias Maceiras.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 4 de xuño de 2001 (BOE do 21 de xuño), para a provisión da praza número 01/022 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións

Arquitectónicas desta universidade, a favor de Álvaro José Iglesias Maceiras, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o epígrafe 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Álvaro José Iglesias Maceiras, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 11 de marzo de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña