Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.535

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación, convocado pola Orde do 3 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 3 de xaneiro de 2002).

En aplicación do disposto na base décimo terceira da Orde do 3 de decembro de 2001 (DOG do 3 de xaneiro de 2002), pola que se convoca concurso de traslados específico entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, esta dirección xeral resolve facer pública a adxudicación pro

visional dos destinos obtidos no concurso de traslados específico, convocado pola orde que se cita.

De acordo co establecido na base décimo cuarta da citada orde, os concursantes poderán presentar reclamacións e renuncias á adxudicación provisional, no prazo de oito días hábiles a partir da súa

publicación no Diario Oficial de Galicia e dirixidas á Dirección Xeral de Persoal.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO

Listaxe de adxudicacións do concurso provisional de orientación

Apelidos e nomeDNIDestino adxudicadoConcelloLocalidadeTipo adxudicaciónPuntuación

Colmeiro Lareo, Xosé Luis33.286.784CEIP O ArealCamariñasCamariñasDereito pref. Centro9,1330

Pato Blanco, Rosa Mª34.954.644CEIP Julio Gurriarán CanalejasO Barco de V.O Barco de V.Puntuación45,0805

Seoane Pérez, Constantino34.900.742CEIP Virxe de CovadongaOurenseOurensePuntuación84,8332

Barreiro Martínez, Odilo35.295.980CEIP Enrique Barreiro PiñeiroCambadosCambadosPuntuación31,6664