Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.535

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 8 de marzo de 2002 pola que se suprime o posto de traballo de intervención, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello da Rúa (Ourense).

Advertidos erros na publicación da orde que se cita, efectuada no Diario Oficial de Galicia nº 61, do 27 de marzo de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 3.987, no segundo parágrafo, onde di: «... se clasifica en clase segunda, reservándose a funcionarios/as pertencentes á subescala de secretaría-intervención», debe dicir: «... se clasifica en clase terceira, reservándose a funcionarios/as pertencentes á subescala de secretaría-intervención».