Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.530

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCION do 25 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de derivados do cemento.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de derivados do cemento, que tivo entrada nesta delegación provincial da o día 20-2-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Fabricantes de Derivados do Cemento, e, da parte social polas centrais sindicais CC.OO. e UGT o día 15-2-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1882, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de febreiro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de derivados do cemento da provincia da Coruña (15-2-2002)

Asistentes:

-Pola parte social: Santiago Huertas Pozurama (CC.OO.), Francisco Blanco Veiga (CC.OO.), Justo López Comba (CC.OO.), Celestino Pérez Vázquez (UGT).

-Pola parte empresarial: Francisco García Carrillo, Luis Neira (Asociación de Fabricantes de Derivados do Cemento de A Coruña), Marina Graña Bermúdez (asesora laboral CEC).

Na Coruña, ás 10.30 horas do día 15 de febreiro de 2002, reúnense as partes arriba indicadas, como compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de derivados do cemento, nos locais da Confederación de Empresarios da Coruña, co obxecto de levar a cabo a aplicación da cláusula de revisión salarial correspondente ó ano 2001 e o incremento salarial para o ano 2002, de conformidade co disposto no convenio colectivo vixente.

De conformidade co disposto na disposición derradeira do convenio colectivo sobre as táboas salariais do ano 2000, que serviron de base de cálculo para obte-las de 2001, aplicarase unha actualización do 0,7%. A cantidade así obtida por cada categoría ou nivel será o importe da revisión económica retroactiva como consecuencia da desviación do IPC do ano 2001. Este importe adicionarase ás táboas que estiveron vixentes en 2001, e o resultado así obtido será a base de cálculo para o incremento do ano 2002.

A seguir, procédese a aplica-lo incremento salarial do 3% para o ano 2002, sobre as táboas revisadas de 2001 e asínanse ámbalas táboas.

Acórdase facultar a Celestino Pérez Vázquez para a presentación da documentación necesaria ante a delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o rexistro e publicación desta acta, as táboas salariais revisadas do ano 2001 e as táboas salariais do ano 2002.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás 13.30 horas da data arriba indicada.