Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

En virtude das facultades que me outorga a lexislación vixente en materia de réxime local, e tendo en conta que no anuncio publicado no DOG nº 25, do 4 de febreiro de 2002, sobre as bases para unha praza de axudante de mantemento, se produce un erro material, constando BOP no lugar de BOE.

RESOLVO:

Que se publique a seguinte corrección de erros do anuncio publicado no DOG nº 25, do 4 de febreiro de 2002, onde di: «Presentación de solicitudes. As instancias dirixiranse ó presidente do Consello de Administración do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, e presentaranse no Rexistro do IMD, avda. Castrelos nº 1 en Vigo, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no BOP», debe dicir: «Presentación de solicitudes. As instancias dirixiranse ó presidente do Consello de Administración do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, e presentaranse no Rexistro do IMD, avda. Castrelos nº 1 en Vigo, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no BOE».

Vigo, 22 de febreiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde