Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: é a contratación por concurso, con procedemento aberto, da subministración dun equipo varredoira-aspiradora conforme as características que figuran no prego de prescricións técnicas, debendo así mesmo o adxudicatario recolle-la máquina varredoira vial propiedade do concello (ANTOLI 1500 L), ofertando por esta.

Orzamento: 48.080,97 euros.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxectos: rexerá o prego de cláusulas administrativas particulares que figura no expediente, aprobado na Comisión de Goberno municipal con data do 20-2-2002.

Presentación de proposicións: no Rexistro Xeral de Entrada de documentos do concello, das nove ás trece horas, dentro do prazo dos 15 días naturais

contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no DOG, ou da publicación do prego de cláusulas no BOP, en tres sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula III.2 do prego de cláusulas.

Apertura de proposicións: en acto público, ás 18 horas do primeiro mércores hábil seguinte á data en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

«Don/Dª.... con DNI nº... natural de... provincia de..., maior de idade e con domicilio en... r/... teléfono... actuando en nome (propio ou da empresa á que represente), manifesta que, coñecedor do anuncio publicado no (Boletín Oficial del Estado ou...), de data... conforme con tódolos requisitos e condicións que se esixen para adxudicar mediante concurso o contrato de... e do prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerá o dito concurso e na representación que posúe, comprométese a asumi-lo cumprimento do dito contrato polo prezo alzado de... euros, segundo orzamento desagregado, que se xunta, das unidades que compoñen a subministración. Lugar, data, sinatura e selo».

Cada licitador non poderá presentar máis que unha soa proposición, calquera que sexa o número de dependencias onde esta poida ser presentada. Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en agrupación temporal con outras, se xa o fixo individualmente, ou figurar en máis dunha unión temporal. A contravención deste principio dará lugar automaticamente á desestimación de tódalas proposicións por el presentadas.

Así mesmo, ofrece pola recollida da máquina varredoira actualmente propiedade do concello, marca ANTOLI 1500 L, o prezo de... euros.

Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cedeira, 28 de febreiro de 2002.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente