Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-243/2001, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Nómease instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los suposto legais.

Os interesados diporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 27 de febereiro de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-243/2001.

Denunciado: Julio Taboada Rodríguez.

DNI: 33337033-M.

Enderezo: r/ Aldosende, nº 41, Paradela (Lugo).

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial nunha zona vedada, ó facelo na marxe dereita do encoro de Peares, entre a ponte da antiga estrada de Monforte e a desembocadura do rego Camporra

miro. Feitos constatados o día 30-10-2001, ás 17.05 h no río Miño-encoro de Peares-desembocadura do río Asma. Chantada. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 34.6º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 300,51 euros.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.