Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Briallos II.
Situación: Portas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, de 20 kV, con conductor tipo LA-56, de 10 m de lonxitude, desde o apoio nº 33 da L.M.T. T.I.B. 810 ata o C.T. que se proxecta denominado Briallos II, no concello de Portas, de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 352 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Briallos II. R.B.T. aérea, de 73 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. existente de Briallos.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 15 de febreiro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra