Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.461

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2002 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos para a provisión da praza 01/240 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24

de marzo) que modifica o artigo 39.3º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que han de xulga-los concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que ha de xulga-lo concurso de méritos convocado por Resolución do 30 de novembro de 2001 (BOE do 14 de decembro).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 6 de marzo de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: dereito do traballo e da Seguridade Social.

Praza nº: 01/240.

Comisión titular:

Presidente: Martínez Girón, Jesús, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: López Mosteiro, Ricardo, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Martínez Barroso, María de los Reyes, catedrática de escola universitaria. Universidade de León.

Portas Morán, Rosina, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Carballedo Fernández, José Manuel, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Comisión suplente:

Presidente: Garate Castro, Javier, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Ferreiro Regueiro, Consuelo, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Alemany Zaragoza, Eduardo, catedrático de escola universitaria. Universidade de Barcelona.

Fernández Domínguez, Juan José, profesor titular de escola universitaria. Universidade de León.

Rodríguez Escanciano, Susana, profesora titular de escola universitaria. Universidade de León.