Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.412

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se convocan exames ordinarios para a obtención de carnés profesionais no ano 2002.

A orde da Consellería de Industria e Comercio do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, modificada pola

Orde do 25 de marzo de 2002 establece, no seu artigo 5, que a convocatoria de exames se publicará anualmente, mediante resolución da dirección xeral competente en materia de industria.

En virtude da citada competencia,

RESOLVO:

Convoca-los exames ordinarios para celebrar no ano 2002 para a obtención de carnés profesionais, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

O obxecto da convocatoria é a obtención de carnés profesionais nas seguintes especialidades:

Instalador de fontanería.

Operador industrial de caldeiras.

Instalador de calefacción e auga quente sanitaria.

Instalador de climatización.

Mantedor de calefacción e auga quente sanitaria.

Mantedor de climatización.

Instalador electricista de baixa tensión.

Instalador de gas, categoría IG I.

Instalador de gas, categoría IG II.

Instalador de gas, categoría IG III.

Instalador de gas, categoría IG IV.

Instalador frigorista.

Conservador-reparador frigorista.

Instalador de aparellos para a preparación rápida de café.

Conservador-reparador de aparellos para a preparación rápida de café.

Instalador de productos petrolíferos líquidos, categoría IP-I.

Instalador de productos petrolíferos líquidos, categoría IP-II.

Segunda.-Datas e lugares de realización dos exames. Tribunais cualificadores.

2.1. Os exames realizaranse nas catro provincias. As probas comezarán as nove horas nos locais que se indicarán nas listas definitivas de admitidos e excluídos segundo se expón na base sexta da presente convocatoria.

2.2. Os membros dos tribunais cualificadores así como as datas de cada unha das especialidades profesionais serán os que se indican a continuación:

-Instalador de fontanería:

16 de maio.

7 de novembro.

Tribunal nº 1.

Presidente: Antonio de la Hera Roldán.

Suplente: Carlos Gómez Martínez.

Secretaria: Lourdes Courtier Ramos.

Suplente: Rosa Martínez García.

Vocal A Coruña: Julián Lucas Ramírez.

Vocal suplente: Roberto Osé Otero.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vocal Ourense: Juan Ramón Velasco González.

Vocal suplente: Alfonso Tomás Paz Dóniz.

Vocal Pontevedra: Francisco Asensio Fernández Castanys.

Vocal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

-Operador industrial de caldeiras:

20 de maio.

12 de novembro.

Tribunal nº 2.

Presidente: Antonio de la Hera Roldán.

Suplente: Juan José Iglesias Suárez.

Secretaria: Lourdes Courtier Ramos.

Suplente: Manuel Joaquín Aranda Ribeiro.

Vocal A Coruña: José Jesús Castro Gómez.

Vocal suplente: Alfredo García-Lorenzana Berroya.

Vocal Lugo: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vocal suplente: Fernando López García.

Vocal Ourense: Ángel Rodríguez Martínez.

Vocal suplente: Miguel Martín Mateos.

Vocal Pontevedra: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

Vocal suplente: Luis Alfaro Aguilar.

-Instalador de calefacción e auga quente sanitaria:

4 de xuño.

27 de novembro.

Tribunal nº 3.

Presidente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Suplente: Carmen Vázquez Domínguez.

Secretario: José García Rodríguez.

Suplente: Andrea Suárez Baquero.

Vocal A Coruña: Alberto Palencia Marroquín.

Vocal suplente: José Jesús Castro Gómez.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Fernando López García.

Vocal Ourense: Luis Sánchez Labrador.

Vocal suplente: Juan R. Velasco González.

Vocal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vocal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

-Mantedor de calefacción e auga quente sanitaria:

28 de maio.

20 de novembro.

O tribunal cualificador estará formado polos mesmos membros que o tribunal nº 3.

-Instalador de climatización:

21 de maio.

13 de novembro.

Tribunal nº 4.

Presidente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Suplente: Carmen Vázquez Domínguez.

Secretaria: Mª de los Ángeles Casado Estévez.

Suplente: Andrea Suárez Baquero.

Vocal A Coruña: Alberto Palencia Marroquín.

Vocal suplente: José Jesús Castro Gómez.

Vocal Lugo: Fernando López García.

Vocal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vocal Ourense: Luis Sánchez Labrador.

Vocal suplente: Juan R. Velasco González.

Vocal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vocal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

-Mantedor de climatización:

29 de maio.

21 de novembro.

O tribunal cualificador estará formado polos mesmos membros que o tribunal nº 4.

-Instalador electricista de baixa tensión:

22 de maio.

14 de novembro.

Tribunal nº 5.

Presidente: Carlos Gómez Martínez.

Suplente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Secretaria: Rosa Martínez García.

Suplente: José García Rodríguez.

Vocal A Coruña: Roberto Osé Otero.

Vocal suplente: Julián Lucas Ramírez.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vocal Ourense: Juan R. Velasco González.

Vocal suplente: Alfonso Tomás Paz Dóniz.

Vocal Pontevedra: José Antonio González Cerreda.

Vocal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

-Instalador de gas categorías IG I e IG III:

23 de maio.

18 de novembro.

Tribunal nº 6.

Presidente: Juan José Iglesias Suárez.

Suplente: Antonio de la Hera Roldán.

Secretario: Manuel Joaquín Aranda Ribeiro.

Suplente: Lourdes Courtier Ramos.

Vocal A Coruña: José Antonio Gómez González.

Vocal suplente: José Ramón Portilla Pardiñas.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vocal Ourense: Luis M. Sánchez Labrador.

Vocal suplente: Juan R. Velasco González.

Vocal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vocal suplente: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

-Instalador de gas IG II e IG IV:

30 maio.

25 de novembro.

Tribunal nº 7.

Presidente: Juan José Iglesias Suárez.

Suplente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Secretario: Manuel Joaquín Aranda Ribeiro.

Suplente: José García Rodríguez.

Vocal A Coruña: José Antonio Gómez González.

Vocal suplente: José Ramón Portilla Pardiñas.

Vocal Lugo: Fernando López García.

Vocal suplente: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal Ourense: Luis M. Sánchez Labrador.

Vocal suplente: Juan R. Velasco González.

Vocal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vocal suplente: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

-Instalador e conservador-reparador frigorista:

14 de maio.

5 de novembro.

Tribunal nº 8.

Presidente: Carlos Gómez Martínez.

Suplente: Antonio de la Hera Roldán.

Secretaria: Rosa Martínez García.

Suplente: Lourdes Courtier Ramos.

Vocal A Coruña: Roberto Osé Otero.

Vocal suplente: Isidoro Martínez Arca.

Vocal Lugo: Fernando López García.

Vocal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vocal Ourense: Ángel Rodríguez Martínez.

Vocal suplente: Miguel Martín Mateos.

Vocal Pontevedra: Juan Llorente Carazo.

Vocal suplente: Jesús Gayoso Álvarez.

-Instalador e conservador de aparellos para a preparación rápida de café:

15 de maio.

6 de novembro.

Tribunal nº 9.

Presidenta: Carmen Vázquez Domínguez.

Suplente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Secretario: Ángel Bernardo Tahoces.

Suplente: José García Rodríguez.

Vocal A Coruña: José Jesús Castro Gómez.

Vocal suplente: Alfredo García-Lorenzana Berroya.

Vocal Lugo: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vocal suplente: Fernando López García.

Vocal Ourense: Ángel Rodríguez Martínez.

Vocal suplente: Alfonso Tomás Paz Dóniz.

Vocal Pontevedra: Jesús Gayoso Álvarez.

Vocal suplente: Luis Alfaro Aguilar.

-Instalador de productos petrolíferos líquidos IP I:

27 de maio.

19 de novembro.

Tribunal nº 10.

Presidenta: Carmen Vázquez Domínguez.

Suplente: Carlos Gómez Martínez.

Secretaria: Andrea Suárez Baquero.

Suplente: Rosa Martínez García.

Vocal A Coruña: Alfredo García-Lorenzana Berroya.

Vocal suplente: Isidoro Martínez Arca.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vocal Ourense: Juan R. Velasco González.

Vocal suplente: Alfonso Tomás Paz Dóniz.

Vocal Pontevedra: Juan Llorente Carazo.

Vocal suplente: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

-Instalador de productos petrolíferos líquidos IP II:

3 de xuño.

26 de novembro.

O tribunal cualificador estará formado polos mesmos membros que o tribunal nº 10.

2.3. O tribunal cualificador correspondente resolverá cantas incidencias se susciten no ámbito da presente convocatoria. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, os tribunais terán a súa sede na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

2.4. Os membros dos tribunais percibirán as indemnizacións correspondentes segundo o establecido no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

Terceira.-Requisitos dos aspirantes.

Para ser admitidos á realización das probas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

-Ser maior de idade.

-Estar en en condicións de obte-lo título ou certificado da especialidade solicitada, de conformidade co establecido no anexo da citada Orde do 27 de decembro de 2000 e, no caso de instaladores de productos petrolíferos, na Orde do 21 de novembro de 2001.

Estes requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Cuarta.-Solicitudes e documentación.

4.1. Os aspirantes deberán solicita-la súa admisión ás probas mediante instancia dirixida ó delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio que corresponda, segundo o modelo que figura no anexo.

4.2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio, no das súas delegacións provinciais ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

4.3. Xunto coa solicitude modelo, será preciso presenta-la seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Copia compulsada do certificado ou do título de estudios e/ou, de se-lo caso, certificado expedido pola entidade recoñecida pola Consellería de Industria e Comercio, de asistencia e superación das probas de aptitude do curso teórico-práctico impartido pola entidade acreditada, de conformidade co establecido no punto segundo desta resolución.

c) Xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas en concepto de dereitos de exame (clave 32.07.01.) debidamente validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.

Quinta.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes para a realización dos exames para a obtención do carné profesional nas especialidades que correspondan comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 19 de abril para a convocatoria de maio e o 14 de outubro para a convocatoria de novembro.

Sexta.-Admisión de solicitudes.

6.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes publicarase a lista provisional de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios das delegacións provinciais.

6.2. Os aspirantes excluídos, así como os que non figuren nas relacións de admitidos nin excluídos, disporán de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da devandita publicación no taboleiro de anuncios da correspondente delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio para a emenda de defectos.

Sétima.-Desenvolvemento dos exames.

7.1. Os exames estarán constituídos por dúas partes que se desenvolverán no mesmo día nas datas que se recollen na base segunda desta resolución.

Primeira parte.-Estará constituída por un exercicio teórico escrito, consistente na resolución dun cuestionario proposto polo tribunal sobre as materias regulamentarias establecidas para cada especialidade.

Segunda parte.-Consistirá nun suposto práctico ou nunha proba práctica que versará sobre unha ou varias operacións propostas polo tribunal en relación cos requirimentos prácticos establecidos para cada especialidade. Neste exercicio os candidatos poderán utiliza-lo correspondente regulamento técnico.

7.2. Para a realización do exame os candidatos deberán ir provistos, para cada exercicio, do seu documento nacional de identidade.

Oitava.-Cualificación dos exames.

8.1. A puntuación mínima para superar cada parte correspondera á metade do valor da puntuación máxima posible da dita parte. Na parte teórica a nota formarase de acordo coa expresión «nº de respostas correctas-(nº de respostas incorrectas/3)».

8.2. Os exames cualificaranse como aptos ou non aptos. Para ser considerado apto deberanse aproba-las dúas partes independentemente.

Novena.-Lista de aprobados.

O tribunal cualificador publicará a relación provisional de aprobados por provincias e dará traslado desta ás catro delegacións provinciais para a súa publicación nos seus respectivos taboleiros de anuncios.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días naturais desde a publicación da relación provisional de aprobados para formular reclamacións ante o tribunal. Finalizado o prazo o tribunal enviará proposta das listas de aprobados ó director xeral de Industria, Enerxía e Minas que as elevará a definitivas mediante resolución e dará traslado delas ás catro delegacións provinciais para a súa publicación nos seus respectivos taboleiros de anuncios. Contra a dita resolución poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a partir da publicación nos taboleiros de anuncios.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL