Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción 112/2001 por infraccións na orde social.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a seguir se relaciona, ó non poder notificar por correo certificado, a resolución dictada no expediente de sanción, por infracción na orde social (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral), o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa e domicilio: COMSA, Guadalupe, 43-2º esq., Vilalba.

NIF: A-08031098.

Nº de expediente: 112/2001.

Contía: 1.508,54 euros (251.000 pesetas).

Disp. infrinxida: puntos 3.b e 7.b.3 parte C anexo IV, Real decreto 1627/1997.

Contra esta resolución poderá interpo-lo interesado recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle que de non ser interposto este en tempo e forma, haberá de aboa-la multa imposta a través da Caixa Galicia, cta. contable 840, codigo 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 6 de febreiro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo