Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do expediente O-2001/0297, referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra a Marcelino Martínez Gándara.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido en Forcadela-Vilar de Matos-Tomiño-Pontevedra, a resolución do expediente sancionador número O-2001/0297, que lle foi incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra a Marcelino Martínez Gándara, pola comisión dunha infracción á Lei de estradas de Galicia (en adiante LEG), da que a súa parte dispositiva di:

1. Declarar a Marcelino Martínez Gándara responsable da comisión dunha infracción moi grave tipificada no artigo 43.4º A) da LEG.

2. Impoñerlle unha sanción de 200.000 pesetas (duascentas mil pesetas) (1.202,02 euros).

3. Ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción nun prazo de 15 días, desde a notificación da presente resolución (artigo 47.3º da LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4º da LEG), e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación conforme co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda