Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (60/2001).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas 60/2001 se dictou sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Carballo, 28 de febreiro de 2002.

Vistos por María Aliste Fernández, xuíza substituta do Xulgado de Instrucción número dos de Carballo, os autos do xuízo de faltas 60/2001, nos que son partes o Ministerio Fiscal, como denunciantes os axentes da policía local de Carballo números 119209 e 119215, e como denunciado José Antonio Rojo Bardanca, en paradoiro descoñecido, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución e en nome de El-Rei dicto o seguinte:

Dictamino: que debo condenar e condeno a José Antonio Rojo Bardanca, como autor dunha falta contra a orde pública, á pena de 40 días-multa a razón de 6 euros por día así como ó pagamento das custas procesuais. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación».

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Antonio Rojo Bardanca, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo, 28 de febreiro de 2002.

O secretario

Rubricado