Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.359

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 01/035 e 01/050 de corpos docentes universitarios convocadas por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado

polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que han resolve-los concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade números 01/035 e 01/050, convocadas por Resolución do 19 de xullo de 2001 (BOE do 17 de agosto), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituirse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 28 de febreiro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: psicobioloxía.

Praza nº: 01/035.

Comisión titular:

Presidente: Guillamón Fernández, Antonio, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Secretario: Segovia Vázquez, José Santiago, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Vocais:

Junque Plaja, Carme, catedrática de universidade. Universidade de Barcelona.

Morgado Bernal, Ignacio, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Fernández Frías, Carlos, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Simón Pérez, Vicente, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Secretario: Cudeiro Mazaira, F. Javier, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Puerto Salgado, Amadeo, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Rodríguez del Cerro, M. Cruz, catedrática de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Sánchez Turet, Miguel, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: proxectos de enxeñería.

Praza nº: 01/050.

Comisión titular:

Presidente: Cano Fernández, Juan L., catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Secretario: Méndez Salgueiro, José Ramón, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Ayuso Muñoz, Rafael, catedrático de escola universitaria. Universidade de Córdoba.

Sánchez Romero, Miguel Ángel, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Valencia.

Gómez Navarro, Tomás, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Valencia.

Comisión suplente:

Presidente: Cos Castillo, Manuel Alejandro, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Guillén Torres, Jesús, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Zaragoza.

Vocais:

Cubero Atienza, Antonio José, catedrático de escola universitaria. Universidade de Córdoba.

Santoro Laguna, Andrés, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Jaén.

Verdier Alarcón, Carlos, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Málaga.