Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o día 14 de marzo de 2002, adoptou acordo de abrir exposición pública durante o prazo de 15 días naturais do prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso público sobre concesión administrativa para construcción e explotación dun estacionamento para vehículos na alameda e praza do emigrante, no Carballiño, para os efectos de presentación de alegacións, contados desde o seguinte ó da inserción do presente anuncio no BOP ou DOG, sen que se realice licitación ata que transcorra o dito prazo ou se proceda á resolución das alegacións que puidera haber.

Lugar de exposición do prego: Concello do Carballiño e BOP nº 47, 26-2-2002.

Lugar de presentación das alegacións: Concello do Carballiño.

Horario: das 8 ás 15 horas de luns a venres e das 9 ás 13 horas os sábados.

O Carballiño, 15 de marzo de 2002.

O alcalde

Rubricado