Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, urxencias non ingresadas e traslados interhospitalarios do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta. Teléfono 981 54 27 78, fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato: a contratación de servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, urxencias non ingresadas e traslados interhospitalarios do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

4. Orzamento base de licitación: importe máximo anual previsto de cento noventa e sete mil cento trinta e dous euros (197.132 euros).

5. Fianzas e garantías: garantía definitiva por importe de sete mil oitocentos oitenta e cinco euros (7.885 euros).

6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido nos números 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. A) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o número 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

B) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas 2-1 do Sergas (2ª planta), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso no que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos