Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de diverso material informático con destino ós servicios centrais da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde (S/81-2002).

1. Obxecto e orzamento: subministración sucesiva de diverso material informático con destino ós servicios centrais da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde por un importe máximo de cento cincuenta e tres mil cincocentos doce con cincuenta e cino euros (153.512,55 euros) IVE incluído.

2. Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto na cláusula 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Prazo de execución: un ano desde o asinamento do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade/SERGAS na División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica; edificio administrativo de San Lázaro 2ª planta, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas, e na páxina web do Sergas: www.sergas.es.

5. Garantías: non se esixen.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas que a Consellería de Sanidade ten na 2ª planta do edificio administrativo de San Lázaro, a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos