Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as propostas de resolución do expediente sancionador P-EN-2001/01 e outro máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles, ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, se están a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-los expedientes no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 18 de febreiro do 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-EN-2001/01.

Denunciado: Miguel Ángel Martínez Piñeiro. Enderezo: avda. da Florida, nº 30-3º kl, Vigo-Pontevedra.

Feitos denunciados: abandonar un vehículo queimado marca Seat, con matrícula B-9134-FN, na zona de Punta Aguieira no lugar de San Vicente, no concello do Grove, dentro do espacio natural.

Data do acordo da incoación: 7-3-2001.

Alegacións á incoación: non presenta ningún escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 27-7-2001.

Precepto infrinxido: 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28-1-1999, pola que se declaran as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38.2º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 300,51 euros (50.000 ptas.).

Expediente: P-EN-2001/42.

Denunciado: David Capdevila Espigolers. Enderezo: r/ Organya, nº 12-Lérida.

Feitos denunciados: estacionar un vehículo, marca Land Rover, modelo Discovery, de cor branca, con placa de matrícula L-7578-AC, en zona protexida, alterando as condicións dun espacio natural protexido. O ito lugar é a praia de Raeiros, sita en San Vicente do Grove (Pontevedra).

O dito vehículo encontrábase estacionado nas dunas da mencionada praia; o titular do vehículo é identificado mediante a central de datos do corpo pola súa matrícula, ó non encontrarse o propietario ou conductor nese momento no vehículo.

Feitos denunciados o 24 de agosto de 2001, ás 18.15 horas, na praia de Raeiros, no termo municipal do Grove.

Data do acordo da incoación: 18-9-2001.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 12-12-2001.

Precepto infrinxido: 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natural 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral e coa Orde do 7 de novembro do 2000, pola que se prorroga a declaración provisional.

Precepto sancionador: 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 60,10 euros (10.000 ptas.).