Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. rúa García Barbón, 92.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 22 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T.S. TRO 713 entre os CC.TT. torres de García Barbón e Isaac Peral, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa García Barbón nº 92, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña, C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 14 de febreiro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra