Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 21 de febreiro de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00182-O-1999 e outro máis).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, devidas firmes as resolucións sancionadoras que se citan nel sen que os sancionados as aboaran, procedan o seu pagamento.

Son requiridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF: S-1511001-H, co apercibimento de que de non facelo así procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2002.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspeccion de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción imposta

Resolución recurso

Fiador

último enderezo

coñecido

OU-00182-O-1999

58-29-66

G.C. Tráfico

Brita Grilos, Lda.

Campo de Cima, s/n

5400 Portugal (Chaves)

Transportar área a granel nun peso en carga de 4.950 kg sendo o seu PMA de 40.000 kg. Exceso dun 24% peso comprobado en báscula móbil Mod. Haenni. Xúntase ticket de báscula.

21-8-1998; 10.9; OR-301; 1

Art. 200.3º

R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

1.502,53 euros

Desestimado

Julián Pérez Puigvert

Francisco Castello, 35

O Carballiño (Ourense)

OU-03038-O-1999

68-21-JA

G.C. Tráfico

Brita Grilos, Lda.

Campo da Cima, s/n

5400 Portugal (Chaves)

Circular un camión transportando área, resultando un peso total de 50.850 kg tendo un PMA de 38.000 kg exceso de 12.850 kg un 33% arrastra semirremolque VI-3932.

2-7-1999; 8.20; OR-304; 12

Art. 200. 3º

R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

1.803,04 euros

Desestimado

Julián Pérez Puigvert

Francisco Castello, 35

O Carballiño (Ourense)