Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.228

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 12 de marzo de 2002 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

No DOG nº 55, do luns 18 de marzo de 2002, advírtense erros, polo que deben facerse as seguintes rectificacións:

Na páxina 3.572, no cadro denominado «Corpo de profesores de ensino secundario (código 590)», especialidade de francés, na columna correspondente a «Reserva funcionarios corpos e escalas docentes grupo B», di: «15» e debe dicir: «14».

Na páxina 3.575, base común 3, punto 3.1.1., 1º parágrafo, segunda liña, onde di: «... deberá presentar instancia por duplicado ...», debe dicir: «... deberá presentar instancia ...».

Na páxina 3.578, base común 7, punto 7.3 proba de coñecementos de lingua galega, primeiro parágrafo, liña 6, onde di: «... de xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía ...», debe dicir: «... de xeografía e historia, psicoloxía e pedagoxía ...».