Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.226

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se corrixen erros na do 2 de novembro de 2001 pola que se fan públicas as modificacións das listas definitivas para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo.

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, publicadas por Resolución do 2 de novembro de 2001

(DOG nº 216, do 8 de novembro), relativos á categoría 040 (mestre especialista en educación infantil) do grupo II, e na categoría 011 (limpador, fregador e outros) do grupo V, esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVO:

Primeiro.-Publica-la rectificación dos erros materiais indicados, no sentido de:

-Na categoría 040 do grupo II incluír a Eva Mª Rego Iglesias, con DNI nº 32630466, no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 2, no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 1, no ámbito xeográfico D3200 co número de orde 1, no ámbito xeo

gráfico D3600 co número de orde 1, en todos eles cunha puntuación de 3,650 puntos.

-Na categoría 011 do grupo V incluír a María Elvira Moldes Gómez, con DNI nº 35305355, no ámbito xeográfico X3653 co número de orde 31, cunha puntuación de 11,800 puntos.

Segundo.-En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública