Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.225

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0007518/2002, interposto por César Augusto Guerrero Isequilla e Carlos Alonso Barcón.

Recibida da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 03/0007518/2002, interposto por César Augusto Guerrero Isequilla e Carlos Alonso Barcón, contra o Decreto 22/2002, do 24 de xaneiro (DOG nº 29, do 8 de febreiro), polo que se declara a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa polo Concello de Narón, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de rehabilitación ambiental do bordo marítimo na ría de Ferrol, treito de Narón (parte B).

Esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, remitirlle o correspondente expediente administrativo á dita sala, o que se lles notifica a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en parte nos autos da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local