Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2002 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Galaicontrol, S.L. con domicilio na rúa Cidade Xardín, número 20, 36500 Lalín-Pontevedra.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o contro de calidade da construcción, e de proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do servicio de calidade na edificación conforme establecen os artigos 12 h) e 18.3º.1 a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Concede-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción Galaicontrol, S.L. con domicilio na rúa Cidade Xardín, nº 20, 36500 Lalín-Pontevedra, polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

HF área de control de formigón fresco, co número 15070HF02.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do laboratorio Galaicontrol, S.L. inscrito co número 15018HC00.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo