1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: contrato de servicios para a realización da campaña concertada para o programa Turismo Social 2002 para as persoas maiores.
b) Lugar de realización do servicio: Comunidade Autónoma de Galicia e outras comunidades que figuran no prego de prescricións técnicas.
c) Prazo de execución: 7 meses (de maio a novembro de 2002).
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base licitación: 366.618 euros (IVE incluído).
5. Garantías.
Provisional: 7.332,36 euros.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.
c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 981 54 56 77; Fax: 981 54 69 69.
e) Internet: www.xunta.es/contratación.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación a presentar: as sinaladas no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).
d) Admisión de variantes: non se admiten.
8. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.
b) Domicilio: sala de xuntas.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o quinto día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
9. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.
P.D. (Orde 19-12-2001)
Miguel Rodríguez Barrio
Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais