Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Galega de Enxeñeiros Químicos (Agaeq).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 25 de xaneiro de 2002, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Héctor Rodríguez Martínez, avalada co visto e prace do presidente, Antonio Cuevas Iglesias, na que se reflicten os acordos acadados na asemblea xeral, na reunión que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 24 de novembro de 2001, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE