Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/7-2, 5793 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: soterramento tramo L.M.T., C.T. Mallo e C.T. Paz e Ana.

Situación: Begonte.

Descricións técnicas: L.M.T. subt. a 20 kV con lonxitude 225 m con orixe na L.M.T. aérea Rábade-Begonte e final na L.M.T. aérea Rábade-Begonte conductor tipo R.H.Z. 1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo