Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.098

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 89/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de gráfica publicitaria, correspondente á familia profesional de deseño gráfico, así como o acceso ó dito ciclo formativo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina no seu artigo cuarto, que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada un dos niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades nos que se organiza a práctica educativa. Sobre esta base efectúa unha dobre repartición competencial, pola que se lle atribúe, por unha parte, ó Goberno fixa-los aspectos básicos do currículo que constituirán as ensinanzas mínimas en todo o Estado coa finalidade de garantir unha formación común de tódolos alumnos e a validez dos títulos correspondentes e, por outra, se lles atribúe ás administracións con competencia en materia educativa o establecemento do currículo do que formarán parte as ditas ensinanzas mínimas.

Polo tanto, unha vez publicado o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, polo que se establecen as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas de formación profesional, definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ó título de técnico superior de artes plásticas e deseño en gráfica publicitaria polo Real decreto 1456/1995, do 1 de setembro, e tendo en conta o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, sobre os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, procede establece-lo currículo do dito ciclo formativo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cómpre asegurar no alumnado unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. Por iso o currículo inclúe, ademais dos coñecementos académicos vinculados ó ensino máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional e que permitan a incorporación da mocidade á vida activa, cun grao de formación que lle permita adaptarse ás modificacións que poidan producirse ó longo da súa vida e que contribúa á formación permanente dos cidadáns ó tempo que atende as demandas de cualificación do sistema productivo, e tendo en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa dimensión no fomento do noso patrimonio cultural.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño están constituídas por un conxunto de ciclos formativos cunha organización modular variable tanto na duración destes como na diversidade de áreas de coñecemento teórico-prácticas en función dos distintos

campos profesionais. As capacidades terminais dos distintos módulos profesionais, definidos neste decreto, describen o comportamento do alumnado en termos de resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia xeral. Estes aspectos básicos aseguran unha cualificación común do titulado, garantía do título en todo o Estado e de correspondencia europea das cualificacións outorgadas ós alumnos.

Os contidos curriculares non teñen que ser interpretados como unidades temáticas nin, polo tanto, necesariamente organizados na mesma orde na que aparecen nesta norma, precisando, dunha ulterior concreción por parte do equipo de profesores que, coa necesaria flexibilidade, programarán interdisciplinarmente as secuencias de aprendizaxe, destacando nos ámbitos artísticos, técnicos e naqueles específicos do ámbito profesional do alumno, os contidos de maior significación cara ó desenvolvemento cualificado das actividades profesionais. Esta concreción ten que referirse principalmente ás liñas xerais de aplicación dos criterios de avaliación, á metodoloxía e ás actividades de carácter didáctico. Finalmente, cada profesor, no marco deste proxecto, realizará a súa propia programación, recollendo os procesos educativos que se propón desenvolver na aula.

Os criterios de avaliación establecen o tipo e grao de aprendizaxe que se espera que acaden os alumnos nun momento determinado, respecto das capacidades indicadas nos obxectivos xerais e nos específicos de cada módulo. O nivel de cumprimento destes obxectivos, en relación cos criterios de avaliación fixados, debe ser medido con flexibilidade, tendo en conta as características e posibilidades dos alumnos.

A incorporación ós ciclos formativos de fases de formación práctica e do proxecto final é un elemento fundamental na construcción deste modelo formativo. A colaboración de profesionais, entidades e institucións, contribuirá á concreción de proxectos educativos, que anticipen solucións reais no mundo laboral.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación, tendo en conta as características do alumnado, ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Asemade, este decreto regula o acceso a este ciclo formativo, por medio dunha proba específica que deberá avalia-los coñecementos e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes a este ciclo, ó tempo que establece os requisitos de acceso a estes estudios.

En virtude de todo iso, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, tralo informe do Consello Escolar de Galicia e logo

de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto regula o currículo das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de gráfica publicitaria, pertencente á familia de deseño gráfico, correspondente ó título de técnico superior en artes plásticas e deseño en gráfica publicitaria, de acordo co establecido no punto 3º do artigo 4 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e integra o establecido no Real decreto 1456/1995, do 1 de setembro, polo que se regulan as ensinanzas mínimas do dito ciclo formativo.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración deste ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este decreto será de aplicación no ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia e as capacidades profesionais, as tarefas máis significativas e o campo profesional, que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo do ciclo formativo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de gráfica publicitaria o conxunto de capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación que regularán a práctica docente neste ciclo formativo, as fases de formación práctica en empresas, estudios e talleres, así como o proxecto final.

2. Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de gráfica publicitaria son os que se establecen no punto 3.1 do anexo deste decreto.

3. As capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos módulos correspondentes ó ciclo formativo a que se refire este decreto, a súa distribución en cursos e os tempos lectivos así como o proxecto final e a fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres son os que se establecen nos puntos 3.2, 3.3 e 3.4 do anexo deste decreto.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 5º.-Ordenación académica das ensinanzas.

1. Estas ensinanzas organízanse en módulos; fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres e proxecto final.

2. Para os efectos do disposto neste decreto, o concepto módulo considerarase equivalente ó termos materia teórica, materia teórico-práctica, e clases prácticas a que se refire o Real decreto 389/1992,

do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Artigo 6º.-Admisión de alumnos.

Os criterios de admisión do alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Avaliación.

1. A obtención do correspondente título requirirá a avaliación positiva das distintas capacidades nas que se estructura o ensino impartido no centro educativo: dos módulos, das fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, así como do proxecto final.

2. A organización e avaliación da fase de formación práctica en empresas e do proxecto final é a que se expresa no punto 4.2 e 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Profesorado.

As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.4 do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.5 do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno, que se determina no punto 4.6 do anexo deste decreto.

Artigo 11º.-Correspondencias.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá recoñece-la correspondencia coa práctica laboral dos módulos que se indican no punto 4.7 do anexo deste decreto.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionada con este ciclo formativo.

Artigo 12º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.8 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados ás unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do

alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Artigo 13º.-Proxecto curricular.

1. Os centros docentes concretarán e complementarán o currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de gráfica publicitaria mediante a elaboración de proxectos curriculares para o dito ciclo.

2. O proxecto curricular de centro deberá conter unha adecuación dos obxectivos xerais deste ciclo ás características do alumnado, criterios metodolóxicos de carácter xeral en relación co proceso de avaliación, así como en materia de diversificación curricular.

3. O proxecto curricular do centro incluirá, así mesmo, a distribución das capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación do ciclo formativo, incluídos os programas de cada materia. A dita distribución non deberá variar para un mesmo grupo de alumnos ó longo do dito ciclo.

4. O proxecto curricular do centro formará parte da programación da súa actividade docente e incorporarase á programación xeral correspondente.

5. Os profesores desenvolverán programacións da súa actividade docente de acordo co currículo e co proxecto curricular do centro.

Disposición transitoria

Única.-Ata que se determinen as novas especialidades docentes, a competencia do profesorado pertencente ós corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para a impartición de cada módulo, queda definida pola súa pertenza as especialidades que se indican no punto 4.4 do anexo deste decreto. Non obstante, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no seu ámbito de competencia e durante o mesmo período transitorio, poderá autoriza-la impartición de determinados módulos a aqueles docentes que, no momento da promulgación deste decreto, se encontrasen impartindo materias equivalentes da anterior ordenación, sempre que acrediten preparación para isto.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: técnico superior de artes plásticas e deseño en gráfica publicitaria.

-Nivel: grao superior de artes plásticas e deseño.

-Duración: 1.950 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requisitos xerais de cualificación profesional para este tipo de técnico son:

* Realiza-los productos comunicativos de empresas e institucións, xa sexan audiovisuais, xa impresos ou doutra índole, en que se expresen de xeito óptimo os obxectivos da empresa ou institución, relacionando os problemas de comunicación tanto masiva como interna das empresas, principalmente en tres vertentes: informativa, persuasiva e identificativa; e realizando campañas e anuncios, identidade do producto, promoción de vendas, publicidade exterior, publicidade directa, edicións empresariais, gráfica de exposicións e feiras, envases e embalaxes, etc.

2.2. Capacidades profesionais:

* Realiza-los productos comunicativos de empresas e institucións, xa sexan audiovisuais, xa impresos ou doutra índole, que permitan expresar da forma máis óptima os obxectivos da empresa ou institución.

* Planificar e organizar: confección de programas de actuación.

* Crear e elaborar novas mensaxes visuais.

* Investigar e estudia-los medios e as linguaxes visuais.

* Adaptarse ós múltiples campos específicos da comunicación visual, tanto en funcións executivas como en asesoramento, investigación, desenvolvemento e producción.

2.3. Tarefas máis significativas:

* Análise e control dos sistemas aplicados á identidade de productos, empresas e institucións, así como a súa mellora en función dos obxectivos previstos.

* Análise dos sistemas de información visual utilizados en empresas e institucións.

* Creación de imaxes e signos aplicados á comunicación visual.

* Normativización e mellora de soportes de comunicación visual empregados por empresas e institucións.

* Control e seguimento da producción gráfica ou audiovisual, así como do seu uso correcto.

* Asunción da dirección de arte de campañas publicitarias.

2.4. Campo profesional:

O grafista publicitario desenvolve o seu traballo profesional en tres tipos de empresas:

* Axencias de publicidade: exerce labores de director de arte ou director creativo; tamén colabora como profesional autónomo ou asesor.

* Gabinetes de deseño: exerce labores de creación e coordinación de equipos de traballo. O organigrama xeral é: socio, directivo, asesor, executivo, colaborador e outros.

* Empresas diversas: adoita integrarse na área de marketing e publicidade.

Como profesional autónomo, traballa para axencias, organismos públicos, corporacións privadas ou estudios de deseño.

Pode tamén traballar en equipos interdisciplinares (fotógrafos, ilustradores, relacións públicas, especialistas en mercadotecnia, redactores, lingüistas, semiólogos, sociólogos, etc.).

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Proporcionarlle ó alumno unha formación técnico-artística que permita desenvolve-la súa capacidade creativa.

* Garanti-la súa cualificación profesional, de maneira que poida adquiri-la capacidade e os coñecementos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade.

* Resolve-los problemas artísticos e técnicos que se presenten durante o proceso de proxección e realización.

* Identificar con detalle as especificacións técnicas do material empregado no traballo, proporcionando os coñecementos teóricos necesarios para o seu exercicio e práctica.

* Desenvolve-la capacidade de investigación en torno ás formas, materiais, técnicas e procesos creativos e artísticos relacionados coa gráfica publicitaria.

* Identifica-lo marco legal, económico e organizativo que regula a actividade profesional.

* Establece-las bases previas para que mediante a aprendizaxe de cada materia se poida decidi-la orientación específica profesional dentro do deseño gráfico e capacitar para exercer como tal.

* Valorar criticamente a situación xeral relacionada co ciclo e os avances tecnolóxicos implicados nel, de forma que lle permitan desenvolve-la capacidade de autoaprendizaxe co fin de evolucionar axeitadamente no futuro profesional.

* Emprega-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización empregados non incidan negativamente no ambiente.

3.2. Capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos diversos módulos:

3.2.1. Módulo 1: técnicas de expresión gráfica:

Capacidades terminais

* Utiliza-lo debuxo como instrumento que garanta un estudio claro do que se quere representar, exercitando os mecanismos axeitados para a mellor representación, comprensión formal e analítica dos seus aspectos específicos sobre soporte gráfico.

* Emprega-las diferentes técnicas de expresión gráfica no terreo da representación e expresión plástica.

* Procura-la documentación e o material gráfico de referencia co fin de elaborar unha biblioteca de imaxes propia.

* Resolver aspectos gráficos espaciais, lumínicos e compositivos.

* Realizar debuxos a man alzada e experimenta-la síntese de liña, a representación do movemento e a aplicación de mancha como recursos expresivos.

* Aplicar técnicas tradicionais de debuxo de punta (lapis, carbón, pastel, rotuladores, etc.) sobre diferentes soportes e formatos (papeis de calidades diferentes), en distintas posicións de execución e sobre temáticas diversas.

* Aplicar técnicas tradicionais de debuxo con pincel, sobre diferentes soportes e formatos apropiados.

* Aplicar técnicas mixtas de debuxo con pincel e materiais de punta, sobre diferentes soportes e formatos apropiados.

* Debuxo e ilustración de contidos literarios de prensa, narrativa e poesía, e de calquera tema ou concepto.

Contidos

* Instrumentos, materiais e técnicas básicas.

* Análise e representación de formas simples e complexas.

* O espacio compositivo. A composición e o seu valor expresivo. Equilibrio, tensión, peso, dirección, espacio, espacio físico e espacio perceptual.

* A representación da luz, o claroscuro e debuxo a mancha. Apunte do natural.

* A liña, o contorno, o trazo e a súa expresividade e comunicación.

* Técnicas de expresión gráfica tradicionais directas sobre o soporte como carbón, pasteis, lapis, pluma de tinta, rotuladores e bolígrafos.

* Técnicas de expresión gráfica tradicionais aplicadas con pinceis como gouche, acrílicos, acuarelas e tintas.

* Técnicas gráficas experimentais con collaxe, copy art, técnicas mixtas e fotomontaxe.

* Principios básicos de ilustración.

* Experimentación con técnicas mixtas recentes como o collaxe e o copy art, sobre diferentes soportes e formatos apropiados.

* Observación analítica das formas.

* Predisposición á abstracción de liñas e contornos do debuxo, e evidencia e representación do espacio e das luces.

* Correcto emprego dos materiais, no seu uso xeral e como recurso expresivo.

* Interese pola consecución de solucións innovadoras.

* Valoración da importancia das novas técnicas incorporadas á súa disciplina, así como as tradicionais xa experimentadas.

Criterios de avaliación

* Representar graficamente conceptos ou obxectos diversos.

* Amosar sensibilidade artística, innovación e orixinalidade no traballo.

* Presentar correctamente o acabamento dos traballos realizados.

* Cumpri-las normas de limpeza e presentación, así como os prazos de entrega previstos.

* Amosar capacidade e imaxinación creativas.

* Analizar criticamente o seu propio traballo e o dos seus compañeiros.

* Manexa-las técnicas e os materiais máis axeitados en cada caso.

* Aprecia-la enorme forza de expresión que posúe o debuxo, explorando tódolos campos, anatomía, movemento, perspectiva, proporcións, valores, cores e volumes.

3.2.2. Módulo 2: teoría da imaxe publicitaria:

Capacidades terminais

* Identifica-los conceptos fundamentais sobre percepción e describi-lo lugar que ocupan as diferentes imaxes no mundo da comunicación e os distintos usos que o público fai delas.

* Describir e usar distintos modelos de análise de imaxes.

* Utilizar correctamente a terminoloxía propia do estudio analítico das mensaxes visuais.

* Aplicar, de forma axeitada, os coñecementos adquiridos no proceso de xénese de ilustracións propias.

* Elabora-la información necesaria para poder desenvolve-los seus proxectos sobre unha base teórica fundamentada.

* Realizar exemplos gráficos que poñan de manifesto a incidencia do contexto na percepción.

* Elaborar imaxes que ilustren a problemática do concepto de contorno na relación entre figura e fondo.

* Realizar informes orais ou escritos referentes ás practicas realizadas, utilizando correctamente a terminoloxía.

* Elaborar un arquivo de imaxes seguindo uns parámetros de clasificación determinados.

* Distinguir unidades básicas do alfabeto visual nas imaxes e mensaxes que recibimos.

Contidos

* O proceso perceptivo.

* Teoría da Gestalt e outros desenvolvementos teóricos complementarios.

* Concepto e clasificación da imaxe. Etimoloxía e funcións.

* Comunicación e información: da descodificación á codificación. Semioloxía, semántica, sintáctica e pragmática.

* Semiótica das mensaxes visuais. O signo icónico. Plano da expresión e plano do contido. Denotación e connotación. Importancia do contexto.

* Estudio das mensaxes visuais nos diferentes niveis. Bases para a análise retórica: mecanismos e figuras.

* Persuasión e comunicación.

* Identificación e comprobación das leis xestálticas en imaxes.

* Análise das mensaxes visuais elementais.

* Interpretación, a nivel retórico, de mensaxes fotográficas e publicitarias, precisando os campos semánticos dos elementos participantes, e identificación dos aspectos coincidentes e das figuras existentes.

* Distinción de unidades básicas do alfabeto visual nas imaxes e mensaxes que recibimos.

* Valoración do proceso perceptivo como fonte xeradora da memoria e o pensamento visual.

* Actitude aberta e positiva cara á experimentación coas bases perceptivas teóricas.

* Interese por comprende-la natureza e as funcións da imaxe como paso previo á aprendizaxe dos procesos de análise.

* Actitude receptiva e crítica á hora de aborda-la metodoloxía de análise procedente de distintos desenvolvementos teóricos.

* Interese pola consecución de solucións innovadoras.

* Precisión, orde e rigor na realización dos proxectos.

Criterios de avaliación

* Interpreta-las imaxes atendendo a modelos de análise.

* Utilizar axeitadamente a terminoloxía específica do módulo.

* Amosar unha actitude constructiva, dialogante e de tolerancia cara ás opinións e puntos de vista diferentes dos propios, sen descoida-lo rigor das propias argumentacións e xuízos críticos.

* Aplica-los métodos e procesos de traballo nos diferentes problemas de comunicación visual que se poidan presentar.

* Realizar un enfoque globalizador de tódolos aspectos que interveñen en cada exercicio de fotografía que se presente.

* Amosa-la información que se lle proporcione respecto ós contidos teóricos e prácticos do proceso visual.

* Elaborar con rigor e precisión informes orais e escritos.

* Amosar unha disposición positiva ó traballo en equipo, con consciencia de que as solucións que

achegue deben enmarcarse e adaptarse a procesos de traballo complexos e moitas veces pluridisciplinares.

* Apreciar e valorar, desde actitudes críticas, as mensaxes visuais.

* Valorar e analiza-los diferentes medios publicitarios.

* Integrarse en traballos multidisciplinares.

* Amosar curiosidade fronte ós cambios sociais, culturais e estéticos que se producen na sociedade.

* Elaborar e expor opinións críticas argumentadas sobre diversas imaxes.

3.2.3. Módulo 3: cultura e sociedade contemporánea:

Capacidades terminais

* Relacionar feitos históricos e situalos axeitadamente no tempo e no espacio, valorando a súa significación e as súas consecuencias posteriores na sociedade.

* Elaborar esquemas gráficos e mapas para ordenar, contextualizar e secuenciar feitos históricos.

* Analiza-las imaxes visuais que testemuñan os acontecementos presentados, e propiciar xuízos persoais.

* Valora-lo impacto das novas tecnoloxías da información nos hábitos e usos sociais, así como as súas repercusións.

* Relacionar manifestacións e sensibilidades culturais co seu contexto e cos acontecementos históricos.

* Interpreta-la evolución dos medios de comunicación e as novas tecnoloxías aparecidas, así como a súa implicación no desenvolvemento da historia e da sociedade.

* Utilizar diferentes recursos audiovisuais: vídeos, música, revistas, planos xeográficos, diapositivas e multimedia.

Contidos

* A revolución americana e a revolución francesa: cambio social e económico. As incipientes institucións democráticas. J.J. Rousseau.

* A revolución industrial. Parlamentarismo e revolución. Hegel. Marx. A sociedade compartimentada. O progreso das ciencias.

* Os procesos de unificación política en Europa.

* O naturalismo de Zola. O romanticismo literario. A ruptura cos modelos narrativos tradicionais.

* A psicoloxía experimental. A teoría da relatividade de Einstein. Nietzsche.

* Os «ismos» e as vangardas históricas de principios de século.

* A Primeira Guerra Mundial e a nova orde internacional.

* A revolución soviética e a ascensión do autoritarismo en Europa.

* A gran depresión económica de 1929 e a política do New Deal. A guerra civil española.

* A Segunda Guerra Mundial e as súas consecuencias mundiais. A emigración de talentos europeos ós EE.UU.

* A cultura de masas e a escola crítica de Frankfurt.

* A «guerra fría». A revolución china.

* A literatura despois da Segunda Guerra Mundial.

* Descolonización e imperialismo político e económico. As empresas multinacionais.

* Socioloxía da cultura e novos valores sociais.

* Maio do 68 e o cambio cultural. H. Marcuse.

* Sistema e estructura. Novos modelos de análise. A era da economía liberal transnacional.

* A caída do socialismo real. O diálogo Norte-Sur.

* As novas tecnoloxías da información e a sociedade. Mc Luham e Levi Strauss.

* Correntes culturais de actualidade. «A fin da historia». A sociedade do século XXI.

* Utilización de xeito crítico das fontes e do material historiográfico diverso.

* Distinción entre opinións, feitos, xuízos e prexuízos.

* Análise das repercusións da historia na literatura.

* Valoración das imaxes visuais escollidas para traducir e interpreta-lo transcurso da historia universal.

* Posibilidades de conexión con diferentes institucións socioculturais.

* Interese por coñece-las causas e os efectos dos acontecementos históricos.

* Participación na comunicación e exposición correcta de comentarios sobre os temas propostos.

* Valoración crítica das interpretacións subxectivas comúns na crónica histórica.

* Respecto polas sociedades con diferentes formas de vida, con valoración das súas singularidades e relativización dos valores culturais e sociais con relación ós nosos.

Criterios de avaliación

* Participar no discurso na clase argumentando razoadamente.

* Reflexionar sobre os fenómenos socioculturais estudiados.

* Sintetizar, amosar unha actitude crítica e argumentar nos comentarios realizados sobre lecturas recomendadas.

* Demostrar sensibilidade artística, innovación e orixinalidade no traballo.

* Cumpri-los prazos de entrega previstos e realizar unha correcta presentación e exposición.

3.2.4. Módulo 4: tipografía:

Capacidades terminais

* Analiza-la tipografía como parte de vital importancia no deseño gráfico publicitario.

* Analiza-lo valor artístico e comunicativo da letra no contexto do deseño gráfico determinando as súas diferentes familias na tipografía.

* Aplicar correctamente as diferentes tipografías.

* Descubri-la evolución histórica da letra e as connotacións herdadas implícitas nela.

* Describi-los conceptos determinantes en torno á letra como lexibilidade, composición, proporción e variables visuais.

* Medir e compor textos.

* Analiza-lo pensamento racional e compositivo sobre a letra e a compaxinación como elementos de igual valor plástico.

* Utilizar unha correcta terminoloxía propia tipográfica, que servirá para expresa-la intención abstracta do deseño, así como a súa creación.

* Adoptar decisións tipográficas de acordo con criterios estilísticos, estéticos ou funcionais entendendo as letras polas súas formas e singularidades morfolóxicas, polos seus tons grises e pola súa disposición e proporcións.

* Manexar ferramentas básicas do tipógrafo, como son as bibliotecas de referencia que conteñen alfabetos de distintos tipos, as técnicas simples de mesa, os medios técnicos de reproducción ó seu alcance (fotocopiadora principalmente) e o ordenador.

* Interrelacionar e extrapola-los coñecementos adquiridos cos restantes medios de edición e producción.

Contidos

* Orixe e evolución dos caracteres. O desenvolvemento da escritura: das escrituras figurativas e protografismos ata os alfabetos e as representacións fonográficas.

* Caligrafía e rotulación: procedementos e orientacións básicas, evolución das diferentes técnicas e utensilios e a súa vinculación coas grandes familias caligráficas.

* A tipografía. Relación caligrafía-tipografía. As grandes familias tipográficas. Revisión do panorama actual.

* O carácter tipográfico: a identidade das letras (partes) a súa morfoloxía, descrición e características do tipo.

* Atributos, connotacións e semántica da tipografía.

* A lexibilidade: ergonomía e regras básicas.

* Os textos: sistemas de medida e medición de textos.

* Compaxinación de textos: arquitectura gráfica, tradición e vangarda. Sistemas reticulares de composición da páxina.

* O deseño editorial: deseño de revistas e de publicacións periódicas; o libro e outros tipos de publicación.

* Desenvolvemento das técnicas de composición de tipos e impresión: da linotipia á fotocomposición. Introducción dos sistemas dixitais. Panorama actual.

* Atención ós grafismos espontáneos, a rotulación e a caligrafía aplicando técnicas e orientacións básicas.

* Experimentación do valor comunicativo da tipografía para enfatizar unha mensaxe verbal.

* Experimentación mediante elementos figurativos da súa relación visual co carácter tipográfico.

* Sistemas de compaxinación de textos e arquitectura gráfica: elementos básicos como o parágrafo, o interliñado, o largo da columna e a súa orientación.

* Elaboración dun alfabeto tipográfico empregando técnicas gráficas de mesa e/ou sistemas informáticos.

* Valoración da importancia da letra e da tipografía no contexto do deseño gráfico publicitario.

* Interese por distingui-las diferentes familias e agrupacións para un correcto estudio da tipografía.

* Interese por asimila-la terminoloxía propia, tanto nos aspectos formais da tipografía como nos medios técnicos empregados na súa elaboración ou a súa posterior edición en imprenta.

Criterios de avaliación

* Utilizar axeitadamente os distintos medios.

* Amosar capacidade artística e sensibilidade ante os exercicios propostos.

* Experimentar, crear e dar solucións persoais ante os exercicios propostos.

* Elaborar xuízos críticos argumentados respecto ó traballo propio e o dos demais.

* Cumprir coa metodoloxía de traballo proposta na aula: fases de entrega e normas de presentación.

* Resolver e presentar correctamente os problemas tipográficos propostos.

3.2.5. Módulo 5: fotografía:

Capacidades terminais

* Manexa-las distintas técnicas fotográficas e utilizar correctamente os materiais habituais no proceso fotográfico.

* Descubri-los instrumentos e os medios utilizados.

* Describi-los conceptos de composición, equilibrio, textura, luz, profundidade e encadramento.

* Utiliza-la terminoloxía específica do medio fotográfico.

* Analiza-la fotografía e as súas posibilidades como medio altamente icónico.

* Utiliza-las propias tomas como orixe para traballos de ilustración.

* Identifica-las partes máis relevantes da cámara fotográfica.

* Selecciona-los medios técnicos necesarios para a obtención de óptimos resultados.

* Organizar e planifica-los medios necesarios que interveñen en cada proceso concreto da elaboración de imaxes.

* Aplica-los procedementos e as posibilidades que os medios proporcionan, na realización de fotografía publicitaria de obxectos.

* Describir datos técnicos relacionados co material sensible, material de toma, iluminación, procesamento, positivado e acabamento das copias, relacionados coa práctica proposta.

Contidos

* O proceso fotográfico.

* A cámara escura.

* A cámara fotográfica. Os seus elementos.

* O obxectivo: distancia focal, profundidade de campo e perspectiva.

* O obturador: a escala de velocidades e o seu uso.

* O diafragma: luminosidade e escala de número f.

* Profundidade de campo. Lei de reciprocidade.

* Medición da luz: uso do fotómetro.

* O material sensible en branco e negro: clasificación e características esenciais.

* O revelado en branco e negro. Os productos químicos. Os procesos e as técnicas especiais.

* Positivado en branco e negro. A ampliadora: tipos e manexo. O papel de ampliación.

* A iluminación artificial. A fotografía de estudio.

* Técnicas de positivado. As manipulacións creativas (queimados, solarizacións, tramados, virados coloreados, fotomontaxes, collaxes, posterizacións, etc.).

* Técnicas específicas. Os procesos artesanais. O sistema polaroid.

* A fotografía en cor: o material sensible; concepto de temperatura de cor. O positivado en cor. As correccións de cor.

* Técnicas creativas con material en cor.

* Técnicas mixtas. Electrografía e fotografía dixital.

* Retoque e manipulación de fotografías dixitais.

* A fotocopiadora en cor.

* Aplicación correcta dos medios técnicos necesarios para a realización de diferentes fotografías.

* Diferenciación entre diafragma e obturador, así como o seu uso nas diferentes necesidades da práctica.

* Utilización correcta da profundidade do campo.

* Presentación, con medios audiovisuais, da información concernente ós medios que se utilicen, co fin de facilita-la aprendizaxe relativa ás diferentes cámaras de fotografía.

* Manexo dunha cámara réflex de 35 mm e medio formato.

* Revelado de negativos en branco e negro e positivado en branco e negro.

* Manipulación de cada un dos medios técnicos necesarios para a correcta elaboración da fotografía.

* Identificación e manipulación dunha cámara técnica.

* Elección e control da iluminación e medición da luz incidente e reflectida.

* Utilización de medios informáticos para o tratamento de imaxes.

* Consciencia da realidade profesional e da necesidade de aprende-los aspectos técnicos do medio.

* Responsabilidade no uso do material fotográfico.

* Valoración da importancia das novas técnicas no campo técnico-artístico e plástico.

* Autoesixencia no cumprimento dos prazos previstos.

Criterios de avaliación

* Conseguir resultados óptimos tanto técnicos como estéticos.

* Utilizar correctamente os coñecementos, materiais e técnicas propios da materia.

* Utilizar correctamente a terminoloxía técnica xeral aplicada á fotografía.

* Aportar creatividade ós seus traballos.

* Mostrar destreza perceptiva.

* Distingui-las calidades expresivas dunha obra.

* Analizar criticamente os distintos valores ou defectos fotográficos, xa sexan estéticos ou xa técnicos.

* Expresar correctamente situacións extraídas da súa propia experiencia.

3.2.6. Módulo 6: técnicas gráficas industriais:

Capacidades terminais

* Identifica-los distintos tipos de orixinais e describi-las súas características para que poidan ser correctamente impresos.

* Distinguir, dentro da fotomecánica, os medios de traballo con que se conta, así como os contextos en que estes se desenvolven.

* Describi-lo funcionamento e utiliza-la cámara reprográfica para levar a cabo traballos de fotorreproducción.

* Diferencia-los procedementos, tanto fotográficos como de gravado, para a preparación da prancha de impresión, co obxecto de aprecia-las súas relacións co medio impresor.

* Identifica-los fundamentos técnicos para levar a cabo unha determinada impresión.

* Relaciona-los procedementos de impresión industrial cos seus correspondentes nas técnicas tradicionais.

* Describri-lo desenvolvemento da impresión actual, así como dos novos materiais e auxiliares na reproducción gráfica.

* Identifica-la serigrafía como técnica de impresión, así como as súas características máis importantes.

* Utiliza-la terminoloxía técnica empregada nun taller de impresión.

* Describrir distintos tipos de orixinais para a práctica serigráfica, así como a súa realización práctica.

* Elaborar apuntamentos, esbozos e probas co obxecto de selecciona-las ideas e as solucións máis adecuadas ó resultado final.

* Describi-lo funcionamento das máquinas para o seu correcto manexo.

* Aplicar correctamente diversas técnicas.

* Aplica-las normas de seguridade e hixiene dentro dun taller de impresión.

Contidos

* Fotomécanica:

-Introducción xeral: análise do orixinal; do orixinal á película. A fotografía e a reproducción de ilustracións. Diferentes tipos de material fotográfico.

-Tipos de orixinais: de liña, de ton continuo, de tramas mecánicas e de tramas especiais; uso da trama de inclinación; liñatura.

-Selección de cor, libro de gamas, sistema pantone, corrección de cor, sistema UCR e cor plana.

-A cámara: tradicionais (horizontal e vertical).

-PMT. Sistema copyproot.

-Fotocomposición: óptico mecánica . CRT e láser.

-Fotomecánica dixital: procedementos e material necesario. Programas habituais no control do proceso. Fotomecánica postcript.

-Escáneres planos e de tambor. Particularidades. Do punto ó pixel. Programas habituais na corrección e no emprego de imaxes obtidas con escáner dixital.

-Sistemas de pantallas (Croosfieíd/Scitexchell).

* Procesos de impresión:

-Offset: tipos de pranchas, emulsionado das pranchas, pranchas negativas e positivas, tratamento de pranchas, procesamento e retoque, prensa de impresión, follas soltas e papel continuo.

-Sistemas de control das prensas, vantaxes e inconvenientes. Papel e tinta. Área de aplicación.

-Fotogravado industrial. O cilindro e a matriz de fotogravado. Preparación da matriz, as prensas de impresión en oco e a rotativa. Vantaxes e inconvenientes. Papel e tinta na impresión en oco. Área de aplicación.

-Serigrafía: orixe, historia e evolución. Área de aplicación.

-Prensas de impresión: manuais e automáticas; vantaxes e inconvenientes.

-Métodos de clipsado; emulsións. Insolado de pantallas e revelado. Tintas, soportes e rasquetas. Impresión e secado. Limpeza e recuperación de pantallas.

-Seguridade e hixiene no taller de impresión.

* Iniciación á práctica para reproducción de orixinais.

* Elaboración dun proceso de traballo para chegar á obtención de orixinais.

* Utilización de diferentes procedementos, instrumentos e técnicas que poidan levar á realización de orixinais.

* Gravado de pantallas a partir de distintos procedementos.

* Utilización correcta de tódolos medios existentes no taller.

* Elaboración de proxectos e propostas de deseño que se axusten en cada caso ós medios dispoñibles de impresión.

Criterios de avaliación

* Analizar unha imaxe tendo en conta os seus elementos básicos para a súa posterior fotorreproducción.

* Diferencia-los distintos tipos de orixinais que existen.

* Adecua-los bosquexos e orixinais ó posterior sistema de reproducción e impresión, así como ó número de tintas dispoñible.

* Correcta realización, limpeza e presentación dos traballos nos prazos previstos.

* Diferencia-las técnicas tradicionais das de impresión industrial, con valoración da súa evolución.

* Recoñece-lo tipo de técnica, o material e os instrumentos axeitados nas diversas técnicas gráficas industriais.

* Obter correctamente orixinais impresos.

3.2.7. Módulo 7: historia da imaxe gráfica:

Capacidades terminais

* Analiza-la comprensión visual e conceptual das linguaxes propias da ilustración e a publicidade, en relación coas distintas culturas visuais.

* Identifica-las manifestacións específicas destas linguaxes, asociándoas ós conceptos estéticos do contorno histórico-cultural.

* Analiza-la xénese e os procesos evolutivos destas especialidades artísticas e relacionalas, no espacio e no tempo, coas distintas culturas visuais.

* Valorar de forma especial as realizacións actuais, tanto na súa dimensión de medios de comunicación, como de formación especificamente artística.

* Analizar criticamente e utiliza-las fontes e o material histórico-gráfico diverso.

Contidos

* Asociación de escritura e imaxe: evolución das súas manifestacións nas culturas antigas. Primeiros signos e símbolos de significación.

* Símbolo e iconografía no cristianismo e a súa transcendencia para a cultura visual da Idade Media. A miniatura e a súa evolución estilística; técnicas e tendencias do pasado. Representacións eclesiásticas e laicas.

* Arte e humanismo. A tipografía e o deseño tipográfico. A arte de imprimir e a difusión das técnicas do gravado: grandes mestres.

* A estética do Barroco e do Rococó e a súa expresión na Ilustración. Avances técnicos do século XVIII relacionados co libro e a ilustración: transcendencia social e cultural. Prensa e publicidade.

* Consecuencias da revolución industrial e da revolución francesa. A publicidade nas novas cidades. Prensa, cartel e anuncios comerciais: evolución e difusión no século XIX.

* Movementos renovadores da fin de século XIX: a consolidación do Modern Style e da Arts & Crafts.

* O gravado e a fotografía. Aparición do cine.

* A estética Art-Nouveau: as súas achegas á ilustración e ó deseño gráfico; representantes europeos e americanos.

* Alemaña: do Jugendstil ó Werkbund Institut.

* A influencia das vangardas artísticas de principios de século na publicidade e no deseño gráfico.

* Bauhaus: achegas do deseño gráfico e a tipografía.

* A nova tipografía: Jan Tschichold.

* O cómic e o cartel ó servicio da comunicación e da propaganda política e publicitaria.

* Desenvolvemento de mercados, axencias e métodos publicitarios ó servicio dunha nova estructura económica mundial. Principais deseñadores europeos do século XX.

* O mercado americano, principais axencias e estudios de deseño en Estados Unidos do século XX.

* Importancia das principais escolas de deseño centroeuropeas: Holanda, Suíza, Italia e Francia.

* A consolidación do estilo americano no deseño gráfico e publicitario.

* Interpretación de exemplos gráficos visuais claves a partir de fontes e material histórico-gráfico diverso.

* Análise das influencias sucesivas do pasado ó presente, evidenciándoas con imaxes e diapositivas.

Criterios de avaliación

* Utilizar unha linguaxe clara e concisa, e unha terminoloxía e un vocabulario específico.

* Describi-la cultura gráfica, razoada e cientificamente, os seus valores estéticos e plásticos e os variados elementos que a configuran.

* Situa-las manifestacións das artes gráficas no contexto histórico, social, cultural e temporal en que se produciron.

* Amosar sensibilidade ante a análise do feito artístico-gráfico pasado ou actual.

* Interpretar axeitadamente a diversidade de factores que actúan no mundo gráfico.

* Clasificar imaxes gráficas analizando o seu autor, grupo ou tendencia.

3.2.8. Módulo 8: proxectos de gráfica publicitaria:

Capacidades terminais

* Utilizar unha linguaxe formal propia da disciplina.

* Utiliza-los materiais e técnicas que permiten obter unha resolución óptima dos productos gráficos proxectados.

* Desenvolver destrezas específicas en relación co material técnico empregado.

* Utilizar formas de pensamento lóxico, técnico e artístico nos procesos creativos.

* Recoñece-las distintas funcións da comunicación visual e da publicidade.

* Adquirir unha metodoloxía propia que permita abordar proxectos complexos no ámbito da comunicación visual.

* Realizar proxectos concretos que desenvolvan a creatividade e a capacidade técnico-artística.

* Realizar solucións a problemas gráficos propostos representadas bidimensionalmente e tridimensionalmente.

* Manipulación das formas, imaxes e textos con sentido creativo, adquirindo as destrezas básicas para poder comunicar correctamente as súas ideas.

* Planificar correctamente o traballo.

Contidos

* O deseño gráfico como comunicación visual.

* Valores visuais básicos comunicativos, informativos e persuasivos da imaxe na gráfica publicitaria.

* Principais enfoques metodolóxicos para a resolución de problemas gráficos.

* Técnicas e organización do traballo.

* A cor na publicidade e o deseño gráfico: interacción da cor. Equilibrio e contraste cromático. Subxectividade, simboloxía e connotacións da cor.

* Os procedementos retóricos do cartel.

* Arquitectura gráfica: organización e xerarquía dos distintos elementos do impreso. O espacio formato. Relacións estructurais. Sistemas reticulares de composición. Papeis para impresión.

* Gráfica do contorno: rótulos, stands, exposicións. Sinalética. Relacións espaciais.

* A marca e a comunicación integral do producto. Deseño e mercadotecnia.

* Deseño de envases e embalaxes.

* Deseño de imaxe e identidade corporativa, empresarial e institucional. Soportes de comunicación gráfica bidimensional: papelería, edicións e displays.

* O proxecto gráfico publicitario. Relacións interdisciplinares e aspectos económicos.

* Consecución dun perfecto dominio das técnicas instrumentais.

* Consecución de sintaxe da imaxe en procesos de abstracción.

* Interese por conseguir novas solucións gráficas.

* Valoración equilibrada dos aspectos técnicos, económicos, estéticos e sociais nos proxectos.

* Sensibilidade ante calquera tipo de resposta plástica.

* Responsabilidade nas diferentes fases da realización dun proxecto encomendado: planificación e fases de execución.

Criterios de avaliación

* Organizar e elaborar cada fase do proxecto proposto.

* Adecua-las solucións ó prego condicional dado.

* Apartarse de tópicos e estratexias convencionais.

* Defender e manter unha actitude crítica ante os seus traballos.

* Planificar correctamente o traballo e identifica-las necesidades gráficas.

* Aplicar correctamente diferentes técnicas, coñecementos e materiais na consecución dos proxectos propostos.

* Executar e dar un acabamento profesional correcto, e respecta-los prazos de entrega do traballo.

3.2.9. Módulo 9: medios informáticos:

Capacidades terminais

* Opera-los sistemas informáticos como técnicas de aplicación no proceso creativo e productivo e como instrumento de comunicación e xestión.

* Identificar e utiliza-las aplicacións e os sistemas operativos necesarios para a práctica profesional desta especialidade.

* Recoñece-los distintos dispositivos de entrada e saída de imaxes.

* Aplica-los medios informáticos para a realización de traballos relativos á gráfica publicitaria.

* Utiliza-lo ordenador como unha ferramenta máis, adaptando o seu uso ó desenvolvemento do traballo e atendendo ás súas posibilidades e ás limitacións que ofrece.

* Realizar distintas composicións plásticas utilizando as diferentes aplicacións de deseño e ilustración.

Contidos

* Introducción á informática; descrición, principios e funcionamento.

* Sistemas operativos. Xestión de arquivos.

* Ordenadores persoais, partes internas e periféricos. Dispositivos de entrada e saída.

* Introducción ó deseño gráfico asistido por medios informáticos. Debuxo vectorial e mapas de bits.

* Tratamento de deseño e ilustración: aplicacións de debuxo vectorial.

* Organización a través de capas, regras e agrupación de elementos.

* Utilidades intermedias: compresión e descompresión de arquivos. Fragmentación.

* Tratamento e edición de imaxes. Captura de imaxes por medios dixitais. Uso do escáner.

* Procesadores de texto e autoedición. Aplicacións de ensamblaxe e maquetación. Preparación de orixinais para impresión.

* Técnica de debuxos animados. Software de animación 2D. Construcción de animación.

* Técnica de animación en 3D. Mapeados, fractais e acabamentos finais.

* Envorcados a diferentes soportes.

* Análise e diferenciación dos distintos elementos que compoñen os medios informáticos.

* Utilización dos distintos contornos operativos.

* Observación e análise de diferentes composicións plásticas elaboradas a través de medios infográficos.

* Diferenciación dos distintos dispositivos de entrada e saída de imaxes.

Criterios de avaliación

* Utilizar correctamente o material e os equipos informáticos.

* Selecciona-lo medio informático adecuado, os seus resultados ó seu alcance, así como as posibles combinacións con outros medios máis tradicionais.

* Adecua-lo medio ás esixencias de cada traballo concreto e ás súas proxeccións sobre as diversas disciplinas do currículo.

3.2.10. Módulo 10: proxecto integrado: gráfica publicitaria:

Capacidades terminais

* Aplicar unha metodoloxía propia que permita abordar proxectos complexos no ámbito da comunicación visual.

* Realizar proxectos que desenvolvan a creatividade e a capacidade técnico-artística, utilizando en particular os medios informáticos.

* Expo-las súas ideas con fluidez e persuasión, a través da experiencia continua na exposición pública dos seus proxectos.

* Achegar solucións válidas que se axusten ás especificidades do prego de condicións imposto.

* Crear, transformar e aplicar imaxes e signos en función de requisitos comunicativos concretos.

* Achegar solucións e resolver imprevistos no ámbito das súas competencias e capacidades.

* Aplica-los coñecementos e o dominio das tecnoloxías, equipos e técnicas necesarias para a realización dos proxectos.

* Adquirir unha visión clara e integradora dos procesos, técnicas e recursos necesarios para a realización óptima do proxecto.

* Mante-la obxectividade respecto ó proxecto, e non deixar que a espectacularidade dos medios empregados condicione os resultados finais.

* Axusta-la realización do proxecto ós prazos establecidos.

Contidos

* Os proxectos globais de imaxe. Principios para o deseño de programas de identidade: simbólico, estructural, sinérxico e de universalidade.

* A imaxe corporativa: denominación, identificación e función. Elementos básicos indispensables que integran un proxecto.

* Metodoloxía, estratexias e elaboración.

* Aplicacións concretas: comunicación interior, elementos indispensables para dotar de carácter e personalidade unha empresa.

* A imaxe institucional: identidade e imaxe nos servicios públicos.

* Aplicacións concretas para unha comunicación exterior que potencie unha imaxe de identidade: promocións, mailing, publicidade de acontecementos, folletos informativos e outras comunicacións de carácter temporal, dependentes dunha institución ou empresa.

* Gráfica publicitaria en prensa. Estratexias, modelos e solucións ante un posible encargo. Custos.

* Publicidade exterior. Modelos básicos : valados, carteis, opis, letreiros luminosos, bandeirolas, localizacións en transportes, publicidade estática en estadios deportivos, e pantallas en puntos de venda. Materialización. Custos.

* Redeseño. Análise e avaliación do encargo recibido. Estratexias.

* Relacións entre o cliente e a axencia e/ou o publicista: claves para un pacto. Correcta presentación e exposición ante un cliente de traballos formulados.

* Organización e dirección de equipos de traballo gráfico e publicitario.

* Aplicación e perfeccionamento das técnicas instrumentais.

* Manipulación das formas, imaxes e textos con sentido creativo, adquirindo as destrezas básicas para poder comunicar correctamente as súas ideas.

* Realización de solucións representadas bidimensionalmente e tridimensionalmente a problemas gráficos propostos.

* Consecución de sintaxe da imaxe en procesos de abstracción.

* Interese por conseguir novas solucións gráficas.

* Valoración equilibrada dos aspectos técnicos, económicos, estéticos e sociais nos proxectos.

* Sensibilidade ante calquera tipo de resposta plástica.

* Responsabilidade nas diferentes fases da realización dun proxecto encomendado: planificación, fases de execución, etc.

Criterios de avaliación

* Procurar información e documentación referente ó proxecto que se vai realizar.

* Manter unha actitude correcta, emprega-la terminoloxía axeitada e conseguir resultados efectivos nas comunicacións con empresas e clientes.

* Analizar criticamente o traballo realizado.

* Aplicar, con corrección e idoneidade, os recursos establecidos para as diferentes fases do proceso en que está involucrado.

* Expor e defende-lo seu proxecto utilizando a terminoloxía apropiada con fluidez e persuasión.

* Presentar correctamente o acabamento dos traballos formulados.

* Entregar dentro dos prazos establecidos.

* Integrarse nun grupo de traballo multidisciplinar.

3.2.11. Módulo 11: formación e orientación laboral:

Capacidades terminais

* Describi-lo marco legal do traballo e interpreta-los dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Establecer no ámbito laboral as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes, e determina-las medidas sanitarias básicas e inmediatas en caso de accidente.

* Identifica-las formas e os procedementos de inserción, permanencia e promoción na realidade laboral como traballador por conta propia e por conta allea, e localiza-las axudas que prestan as institucións e os organismos autonómicos, estatais e comunitarios á inserción laboral.

* Adquiri-las habilidades necesarias para o fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica galega e española para poder coñece-la situación actual e as perspectivas do sector a nivel autonómico, estatal e comunitario.

* Explica-la organización e a xestión dunha pequena e mediana empresa do sector interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Desenvolver actitudes de participación e colaboración que favorezan o logro dos obxectivos da empresa.

* Describi-los instrumentos xurídicos, empresariais e profesionais propios da especialidade, co obxecto de coñece-los dereitos e asumi-las obrigas que se derivan do labor profesional.

* Descubri-la realidade sociolaboral, cultural e técnica, desde a experiencia dos profesionais, co obxecto de adquiri-los coñecementos complementarios necesarios para a práctica da profesión.

Contidos

Comúns:

* O marco xurídico das relacións laborais: Estatuto dos traballadores e regulamentación específica do sector.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores

* Condicións de traballo e seguridade. Medidas de prevención e de protección. Primeiros auxilios.

* O proceso de procura de emprego. O traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Organismos e institucións autonómicos, estatais e comunitarios que prestan asesoramento á inserción laboral. Axudas económicas á iniciativa empresarial.

* Conceptos básicos de economía e mercadotecnia.

* Iniciativas para o traballo por conta propia: plan de empresa, plan de viabilidade, tipos de empresas e constitución dunha empresa.

* A empresa: o seu funcionamento económico. Obtención de recursos. Organización da producción e comercialización dos seus productos. Interpretación do estado das contas anuais. Obrigas xurídicas e fiscais.

Dereito específico:

* Protección ó deseño: propiedade intelectual. Rexistro da propiedade intelectual. Entidades de xestión. A propiedade industrial. Os modelos e debuxos industriais e artísticos. Rexistro e procedemento rexistral.

* A protección internacional das innovacións.

* Os signos distintivos: marca, rótulo e nome comercial.

* Información sobre normas técnicas. Centros e asociacións de investigación e desenvolvemento da industria.

Criterios de avaliación

* Verifica-la asimilación dos conceptos fundamentais que se inclúen nos bloques temáticos.

* Contrasta-lo interese pola materia.

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Conseguir actitudes axeitadas que faciliten a inserción, permanencia e promoción no mundo do traballo.

* Actitude emprendedora e creativa diante das propias necesidades e aspiracións.

* Verifica-la utilización correcta dunha terminoloxía específica en torno ós contidos económicos, laborais, de mercadotecnia, xurídicos ou empresariais.

* Valoración razoada da normativa específica pola que se rexe este campo profesional.

3.3. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

Os seus obxectivos serán:

* Asumi-la realidade profesional para completa-la formación académica, realizando un cometido laboral de responsabilidade acorde co seu nivel.

* Tomar contacto co mundo do traballo e co seu sistema de relacións sociais, laborais e técnicas.

* Contrasta-los coñecementos adquiridos no centro educativo coa realidade empresarial e laboral.

* Adquirir coñecementos complementarios útiles para a práctica profesional, tanto sobre a organización e coordinación do traballo, propio da espe

cialidade, como sobre a situación e relacións do mercado laboral.

* Adquiri-los coñecementos técnicos sobre útiles, ferramentas, aparellos e máquinas que, pola súa especialización, custo ou novidade, non están ó alcance do centro educativo.

* Participar de forma activa nas fases do proceso productivo, baixo a titoría ou dirección correspondente.

* Aplica-los coñecementos e habilidades adquiridos na formación teórica e práctica do alumno e alumna nos centros docentes.

* Integrarse no mundo laboral e no sistema técnico-social da empresa.

3.4. Proxecto final:

O proxecto final ten como obxectivo comprobar que o alumno asimilou e ten a capacidade de integrar, sincretizar e aplica-los coñecementos teórico-prácticos e artísticos das ensinanzas cursadas no centro e, en consecuencia, de desempeña-la actividade profesional no campo desta especialidade e nivel cursados.

Nesta familia profesional, o proxecto consistirá na concepción e na creación dun ou varios productos pertencentes ó campo da gráfica publicitaria de que trate este ciclo formativo, xa sexa como peza illada ou xa como conxunto.

O proxecto final terá o seguinte contido:

* Información e comunicación.

-Estudio histórico-artístico, que sitúe a obra obxecto do proxecto no contexto da gráfica publicitaria, que a relacione coas produccións artísticas e publicitarias contemporáneas e cos antecedentes estéticos e comunicativos, que analice de forma clara e precisa as técnicas nela empregadas para a súa confección e que destaque as achegas ou peculiaridades que ofrece o traballo.

-Memoria, na que se realizará unha análise dos procesos e fases de realización da peza, así como, polo menos, dos seguintes aspectos:

-Aspectos de comunicación.

-Aspectos estéticos.

-Aspectos técnicos: materiais, procesos, tarefas e tempos necesarios para a realización do proxecto final e especificacións para o control de calidade.

-Aspectos económicos: cálculo dos custos necesarios para a súa realización e rendibilidade e óptimo aproveitamento dos medios.

-Testemuño gráfico das diversas etapas do traballo conducentes á realización do producto final: selección e catalogación de bosquexos e as maquetas coas correspondentes táboas de información técnica e especificacións, aplicacións informáticas utilizadas, marcaxe e tratamento de texto e imaxes, corrección de probas, especificacións para o control de calidade, presentación dos productos finais para

impresión, así como, de se-lo caso, propostas de catálogos, montaxe e organización dunha exposición dos proxectos.

* Realización: realización da obra gráfica á que se refire o proxecto, artes finais e producción dunha serie limitada, en función da entidade do proxecto e das especificacións do tribunal.

-Representación gráfica: planos, detalles, instalacións. Incluirá unha memoria gráfica das diversas etapas da realización.

-Estudio económico: medicións e orzamentos.

-Programación e planificación da obra.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Admisión de alumnos:

4.1.1. Acceso con requisitos académicos:

Para acceder ó ciclo formativo de grao superior ó que se refire este decreto, será preciso estar en posesión do título de bacharelato ou ter superados os estudios equivalentes a aquel título, segundo o establecido nos anexos I e II do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación do novo sistema educativo, modificado polo Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, e superar unha proba de acceso específica.

4.1.2. Exencións da proba de acceso específica:

Estarán exentos de realiza-la proba de acceso prevista no artigo 6º deste decreto:

* Aqueles aspirantes que cursasen, no bacharelato de artes, a materia de fundamentos do deseño, imaxe e debuxo artístico I.

* Aqueles aspirantes que superasen os estudios experimentais de bacharelato artístico definido na Orde do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de graduado en artes aplicadas en especialidades do ámbito de deseño gráfico.

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de técnico superior correspondente a outro ciclo formativo da mesma familia profesional.

4.1.3. Acceso sen requisitos académicos:

Non obstante o disposto nos puntos anteriores, será posible acceder ó ciclo formativo establecido neste decreto sen estar en posesión do título de bacharelato, sempre que o aspirante teña cumpridos os vinte anos de idade e supere unha proba na que demostre tanto madureza intelectual, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais da etapa educativa anterior relacionados co ensino ó que aspira, como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A dita proba será regulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.2. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

A fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres poderá consistir tanto na realización de prácticas en entidades de titularidade pública ou privada como en traballos profesionais academicamente dirixidos e integrados no currículo, así como aqueles efectuados no marco de programas de intercambio nacional ou internacional.

A fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres realizarase unha vez superada a totalidade dos módulos. Excepcionalmente, o equipo docente do ciclo poderá autoriza-la súa realización simultánea coas actividades de recuperación a aqueles alumnos e alumnas que teñan un máximo de dous módulos sen superar, sempre que quede garantido que non se produce mingua na capacidade das tarefas de recuperación.

A avaliación será realizada polo profesor titor ou profesora titora do centro educativo e nela colaborará o responsable de formación do alumnado designado polo centro de traballo no período de estadía nel. A cualificación final estará expresada en termos de apto ou non apto. Será realizada polo titor do ciclo.

4.3. Proxecto final:

4.3.1. Fases de entrega e avaliación:

* Anteproxecto. Unha vez aprobados os módulos e a fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, o alumno presentará un proxecto da súa especialidade, dirixido por un profesor titor, ante un tribunal avaliador. O anteproxecto deberá reflectir a grandes trazos o contido do proxecto que se vaia realizar.

* Aceptación. Para a aceptación do anteproxecto o tribunal avaliador terá en conta os seguintes aspectos:

-O seu interese global, tendo en conta a proposta estética, a orixinalidade da formulación e a súa adecuación á demanda real do producto de que se trate.

-A posibilidade de realización efectiva do proxecto, nos prazos establecidos e tendo en conta os medios e as instalacións con que se conta.

No suposto de non aceptación, o tribunal ofertará unha proposta alternativa ó alumno.

* Inscrición. Formalizarase unha vez aceptado o anteproxecto.

* Elaboración e prazo de execución. O proceso de realización do proxecto desenvolverase dentro do último trimestre do curso no que se superasen os módulos do ciclo formativo.

* Avaliación. O proxecto avaliarase globalmente. Cualificarase entre 0 e 10 puntos. Para a avaliación positiva requírese unha cualificación igual ou superior a cinco.

O número máximo de convocatorias para a superación do proxecto final é de dúas. No suposto en que se dea algunha circunstancia que impedise o normal desenvolvemento do proxecto, a dirección

do centro, con carácter excepcional, poderá autorizar unha convocatoria extraordinaria.

Os tribunais considerarán na avaliación dos proxectos a súa capacidade ou interese pedagóxico para servir como pauta ou referencia ós demais alumnos e alumnas. Para tal efecto, incluirán no seu calendario de actividades a organización de exposicións de proxectos finais.

4.3.2. Titoría e tribunal avaliador:

A titoría do proxecto final correrá a cargo do titor do ciclo formativo ou dun membro do equipo docente. Neste último caso actuará como relator o titor.

A aceptación da proposta do proxecto final e a súa avaliación, así como a determinación específica dos prazos, procesos e pautas para a realización, entrega e avaliación dos proxectos, corresponderalle a un tribunal integrado por:

Presidente: o director do centro ou o profesor en quen delegue.

Secretario: o secretario do centro, que actuará con voz pero sen voto, levantará acta das sesións e encargarase de facilitar e coordina-la utilización dos medios que, se é o caso, o centro poña ó dispor dos alumnos para a realización dos proxectos, no período establecido para a súa execución.

Vocais: polo menos tres, nomeados polo director, dos cales dous membros serán profesores do ciclo. O director poderá designar ademais un profesional de recoñecido prestixio no campo correspondente ó ciclo formativo, alleo ó centro educativo.

4.4. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de gráfica publicitaria:

Os funcionarios do corpo de profesores de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño impartirán con carácter preferente os módulos deste ciclo de conformidade coa atribución de módulos a especialidades que figura na columna (A) deste anexo.

Non obstante, co fin de lograr un óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles no centro, na organización deste, os devanditos módulos poderán ser impartidos por funcionarios e funcionarias doutras especialidades, de conformidade co que figura na columna (B), sen que iso derive efectos na adscrición de especialidade.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

1Técnicas de expresión gráficaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Debuxo artístico-Proxectos de arte decorativa
-Colorido e procedementos pictóricos-Teoría e práctica do deseño
-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa-Procedementos de ilustración do libro
-Decoración sobre pastas cerámicas-Litografía
-Análise de forma e cor-Serigrafía
-Procedementos pictóricos-Estampación calcográfica
-Técnicas de colorido aplicado á cerámica-Gravado
-Debuxo publicitario-Heliogravado
-Composición ornamental
-Estilización artística e colorido
-Decoración elemental cerámica
-Técnicas de deseño gráfico
-Técnicas gráficas industriais

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

2Teoría da imaxe publicitariaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Deseño asistido por ordenador
-Técnicas audiovisuais

3TipografíaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Técnicas de deseño gráfico
-Técnicas gráficas industriais

4Técnicas gráficasCorpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.Corpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.

industriaisEspecialidades:Especialidades:
-Fotogravado-Calcografía e xilografía
-Fotogravado tipografía-Gravado
-Fotomecánica-Heliogravado
-Tipografía-Estampación calcográfica
-Reproducción e impresión-Litografía
-Litografía e fotogravado
-Serigrafía

5Medios informáticosCorpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidade:Especialidades:
-Deseño gráfico asistido por ordenador-Deseño asistido por ordenador
-Técnicas de deseño gráfico
-Técnicas gráficas industriais

6Proxectos de gráficaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

publicitariaEspecialidades:Especialidades:
-Técnicas de deseño gráfico-Proxectos de arte decorativa
-Técnicas gráficas industriais-Teoría e práctica do deseño

7Formación e orientaciónCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

laboralEspecialidades:
-Dereito usual
-Organización industrial

8FotografíaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidade:
-Fotografía artística-Técnicas audiovisuais
-Teoría e práctica da fotografía
-Fotografía
-Fotografía aplicada á restauración

9Historia da imaxe gráficaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Cultura xeral cerámica-Historia da arte-Historia da arte e da cerámica-Historia e técnicas do libro-Técnicas de deseño gráfico-Técnicas gráficas industriais

10Cultura e sociedadeCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

contemporáneasEspecialidades:Especialidades:
-Cultura xeral cerámica-Historia da arte-Historia da arte e da cerámica-Técnicas de deseño gráfico-Técnicas gráficas industriais-Técnicas audiovisuais

4.5. Espacios e instalacións:

As condicións de espacio e de instalacións que deben reuni-los centros educativos son as que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas.

Para os efectos do disposto no artigo 40.1º, alíneas k), l), m), do real decreto anteriormente citado, os módulos deste ciclo formativo clasifícanse nos seguintes epígrafes:

* Teóricos.

-Cultura e sociedade contemporáneas.

-Teoría da imaxe publicitaria.

-Historia da imaxe gráfica.

-Formación e orientación laboral.

* Teórico-prácticos.

-Técnicas de expresión gráfica.

-Técnicas gráficas industriais.

-Proxectos de gráfica publicitaria.

-Tipografía.

-Proxecto integrado: gráfica publicitaria.

* Talleres específicos.

-Fotografía.

-Medios informáticos.

Espacio formativoSuperficieGrao de utilización

Aula teórica45 m25%

Aula teórico-práctica80 m45%

Aula de informática30 m20%

Taller de fotografía60 m10%

4.6. Relación numérica profesor/alumno:

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica entre profesor e alumno non superior a 1/15 nos seguintes módulos: medios informáticos, técnicas gráficas industriais, proxectos de gráfica publicitaria e fotografía. Ó resto dos módulos aplicaráselle a ratio máxima 1/30.

En función da dispoñibilidade de cada centro e sempre que sexa posible, tenderase a aplica-la relación 1/15 nos módulos impartidos nas aulas teórico-prácticas.

4.7. Correspondencias:

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral os seguintes módulos:

* Tipografía.

* Fotografía.

* Técnicas gráficas industriais.

* Formación e orientación laboral.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

4.8. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

225Técnicas de expresión gráfica

95Teoría da imaxe publicitaria

Horas totaisDenominación dos módulos

65Tipografía

315Proxectos de gráfica publicitaria

65Cultura e sociedade contemporánea

130Medios informáticos

65(Horas de libre disposición)

960Total

4º, 5º e 6º trimestre

65Historia da imaxe gráfica

200Fotografía

65Técnicas gráficas industriais

65Formación e orientación laboral

130Medios informáticos

170Proxecto integrado

695Total

190Proxecto final

105Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

295Total