Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 26 de febreiro de 2002, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial do SAUI-5 de Piadela, tramitado por Tojeiro Transportes, S.A. o que se fai público por espacio dun mes, desde o día seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se consideren procedentes. O expediente queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servicio de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 18 de marzo de 2002.

Antonio Lagares Pérez

Concelleiro delegado de urbanismo