Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación de subministracións SCS-43/2001 para adquisición de equipamento de radioterapia con destino ó novo edificio de radioterapia e medicina nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (A Coruña) (3 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

1. Adquisición do equipamento de radioterapia con destino ó novo edificio de radioterapia e medicina nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. (3 lotes).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS-43/2001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de radioterapia e medicina nuclear.

c) Lote: 3 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 155, do 10 de agosto de 2001, BOE nº 194, do 14 de agosto de 2001, e DOCE S156, do 16 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: cincocentos vintenove millóns cincocentas mil pesetas (529.500.000 pesetas, IVE incluído) (3.182.359 euros). Desagrégase en dúas anualidades: para o ano 2001: 304.000.000 de pesetas (1.827.076,80 euros) e para o ano 2002: 225.500.000 pesetas, IVE incluído (1.355.282,30 euros).

Lote: 1.

Descrición: acelerador lineal e rede radioterapia.

Anualidade 2001: 304.000.000 de pesetas equivalentes a 1.827.076,80 euros.

Anualidade 2002: 76.000.000 de pesetas equivalentes a 456.769,20 euros.

Lote: 2.

Descrición: sistema de radiocirurxía.

Anualidade 2002: 100.500.000 pesetas (604.017,16 euros).

Lote: 3.

Descrición: planificador xeral.

Anualidade 2002: 49.000.000 de pesetas equivalentes a 294.495,93 euros.

Adxudicacións:

Lote nº 1: acelerador lineal e rede radioterapia.

Lote nº 3: sistema de planificación.

a) Data: 21 de novembro de 2001.

b) Contratista: Siemens, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lote 1 e 3 (oferta conxunta nº 1): trescentos catro millóns de pesetas, IVE incluído (304.000.000 de pesetas) (1.827.076,80 euros) para o ano 2001 e cento vintecinco millóns de pesetas, IVE incluído (125.000.000 de pesetas) (751.265,13 euros) para o ano 2002.

Lote nº 2: sistema de radiocirurxía.

a) Data: 21 de novembro de 2001.

b) Contratista: Arganón, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cen millóns cincocentas mil pesetas, IVE incluído (100.500.000 pesetas, IVE incluído) (604.017,16 euros).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos